Sociedade Numismática de Berlín
Sociedade Numismática de Berlín | |
---|---|
Tipo | sociedade científica ![]() |
Forma xurídica | eingetragener Verein (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | numismática ![]() |
Industria | ensino superior ![]() |
Data | |
Fundación | 1843 ![]() |
Localización | |
Estado | Alemaña |
Sede | Berlín ![]() |
País | Alemaña ![]() |
Contacto | |
Páxina WEB | numismatische-gesellschaft-berlin.de… ![]() |
[ Wikidata ] |
A Sociedade Numismática de Berlín (en alemán: Numismatische Gesellschaft zu Berlin) é unha asociación sen ánimo de lucro alemá que ten como obxectivo o estudo da numismática e a promoción das publicacións científicas sobre a moeda.[1]
Historia
[editar | editar a fonte]A Sociedade Numismática de Berlín estableceuse o 22 de decembro de 1843; é, xa que logo, unha das máis antigas de Europa no seu xénero, soamente posterior á Royal Numismatic Society de Londres, fundada en 1836, e á Société royale de numismatique de Belguique, fundada en 1841 en Bruxelas.[2]
Os seus fundadores foron 36 entusiastas da numismática e, ao longo da súa historia, contaron entre os seus membros con numismáticos sobranceiros, como Hermann Dannemberg (1824-1905), Emil Bahrfeldt (1854-1929) ou Ferdinand Friedensburg (1858-1930), moitos deles vinculados ao Münzkabinett de Berlín.[2]
Desde 1880, a Sociedade edita mensualmente a publicación periódica Berliner Münzblätter, que durante a época nazi se viu obrigada a cambiar a súa cabeceira por Deutsche Münzblätter.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Numismatische Gesellschaft zu Berlin e.V.". Sitio web da Sociedade.
- ↑ 2,0 2,1 "Numismatische Gesellschaft zu Berlin 1843 e.V." (tríptico informativo). Sitio web da Sociedade.
- ↑ "Berliner Münzblätter (BMB) / Deutsche Münzblätter (DMB)". Coingalery.de