Ralph H. Fowler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ralph H. Fowler
Fowler,Ralph Howard 1934 London.jpg
Nacemento17 de xaneiro de 1889
 Roydon
Falecemento28 de xullo de 1944
 Cambridge
NacionalidadeReino Unido
Alma máterWinchester College, Trinity College e Universidade de Cambridge
Ocupaciónfísico, jogador de críquete, astrónomo e catedrático de universidade
FillosRuth Fowler Edwards
Coñecido/a porAnana branca
Premiosmembro da Royal Society, Medalla Real, Fellow of the American Physical Society, Bakerian Lecture e Prêmio Adams
editar datos en Wikidata ]

Ralph Howard Fowler (/ˈflər/), nado o 17 de xaneiro de 1889 en Roydon, Essex, e finado o 28 de xullo de 1944, foi un físico e astrónomo británico. Durante a primeira guerra mundial foi comisionado no corpo de Artillería dos Marines Reais e foi ferido de gravidade no ombreiro durante a campaña de Gallipoli. Por mor desta ferida pasou a traballar xunto a Archibald Hill. Como segundo de Hill, traballou en balística anti-aeronaves no departamento experimental do HMS Excellent en Whale Island, Hampshire. Fixo unha contribución notable na aerodinámica das carcasas rotatorias. Recibiu a Orde do Imperio Británico en 1918.[1]

En 1919 Fowler volveu ó Trinity College e foi nomeado lector en matemáticas en 1920. Alí traballou na termodinámica e mecánica estatística, achegando un novo enfoque á química física. Xunto a Arthur Milne, compañeiro seu durante a guerra, escribiu un traballo seminal sobre o espectro, temperaturas e presións estelares. En 1925 foi admitido como membro da Royal Society.[2] Foi supervisor de investigación para Paul Dirac, e en 1926 traballou con el na mecánica estatística das estrelas ananas brancas. En 1928 publicou xunto a Lothar Nordheim un artigo no que explicaba o fenómeno físico coñecido posteriormente como campo de emisión de electróns, e axudou a establecer a validez da teoría moderna de bandas de electróns. En 1931 foi o primeiro en formular e etiquetar a lei cero da termodinámica.[3]

Obra seleccionada[editar | editar a fonte]

  • Elementary differential geometry of plane curves. Cambridge University Press. 1920. [4] Dover reprint. 2005. 
  • Statistical mechanics, the theory of the properties of matter in equilibrium; based on an essay awarded the Adams prize in the University of Cambridge, 1923-24. Cambridge University Press. 1929. [5][6] 2nd edition. 1936. [7]
  • Passage of electrons through surfaces and surface films; being the thirty-first Robert Boyle lecture. Oxford University Press. 1929. 
  • Con E. A. Guggenheim: Statistical thermodynamics: a version of statistical mechanics for students of physics and chemistry. Cambridge University Press. 1939. [8]

Notas[editar | editar a fonte]

Todas as referencias en inglés agás cando se indique o contrario.

  1. Van der Kloot, W. (2011). "Mirrors and Smoke: A. V. Hill, his Brigands, and the Science of Anti-aircraft Gunnery in World War I." Notes Rec. R. Soc. Lond. 65: 393-410.
  2. Milne, E. A. (1945). "Ralph Howard Fowler. 1889-1944". Obituary Notices of Fellows of the Royal Society 5 (14): 60. doi:10.1098/rsbm.1945.0005. 
  3. Y. Cengel, M. Boles, Thermodynamics - An Engineering Approach 5ª ed.
  4. "Review: The Elementary Differential Geometry of Plane Curves by R. H. Fowler". Nature 105 (2637): 321–322. 13 de maio de 1920. 
  5. Bartky, Walter (1929). "Review: Statistical Mechanics by R. H. Fowler". Astrophysical Journal 70: 194–197. Bibcode:1929ApJ....70..194B. 
  6. Stone, M. H. (1933). "Review: Statistical Mechanics by R. H. Fowler" (PDF). Bull. Amer. Math. Soc. 39 (11): 850–853. 
  7. Frank, N. H. (1937). "Review: Statistical Mechanics, 2nd edition by R. H. Fowler". Bull. Amer. Math. Soc. 43 (9): 601–602. 
  8. Young, T. F. (1941). "Review: Statistical Thermodynamics by R. H. Fowler and E. A. Guggenheim". J. Chem. Educ. 18 (4): 198. doi:10.1021/ed018p198.3. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]