Reserva da biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°13′39″N 08°17′18″O / 43.22750, -8.28833

As Mariñas e Terras do Mandeo
Río Mandeo ao seu paso por Aranga
Marco Legal
Figura de Protección: Reserva da biosfera[1]
Ano de constitución: 2013
Superficie: 116724.3 ha (2754.7 ha. mariñas)
Lexislación: Decisión ICC do programa MAB, 2013
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Provincia da Coruña
Concellos: Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado
Ríos: río Barcés, río Mero, río Mendo
Picos monte Cova da Serpe
Direccións de interese: Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas - Betanzos. San Marcos, Abegondo, s/n 15318 Abegondo (A Coruña).
Teléfonos:

As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo é unha reserva da biosfera declarada o 28 de maio de 2013[2], que abrangue 17 concellos das comarcas da Coruña, Betanzos e Terra de Melide. A reserva ten unha superficie de 113.970 hectáreas e nela vive unha poboación dunhas 190.000 persoas[3].

Dentro da reserva inclúense varios lugares de importancia comunitaria da Rede Natura 2000 e un monumento natural.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A bacía do río Mero (azul escuro) no conxunto das bacías do Arco Ártabro

A reserva da biosfera está formada esencialmente polas bacías de dous ríos principais, o Mero e o Mandeo e mais polo litoral das rías de Betanzos e A Coruña (coa excepción do propio termo municipal da Coruña). Así, abrangue áreas costeiras e de montaña; a súa altitude máxima está no monte da Cova da Serpe (841 m).

A extensión da reserva supón un 3,85% da Comunidade Autónoma de Galicia[4]. Administrativamente, o territorio pertence a un total de 176 parroquias dos seguintes concellos:

Demografía[editar | editar a fonte]

Segundo o IGE, en 2011 a poboación da reserva era de 189.902 habitantes, cunha densidade media de 167 hab/km2. Isto supón unha densidade maior á media galega, o que se explica polo feito de a reserva estar na área de influencia da cidade da Coruña. Porén, hai que reparar nas grandes diferenzas na densidade dos diversos concellos segundo a súa proximidade á Coruña, cunha densidade máxima en Oleiros (780,1 hab/km2) e mínima en Sobrado (17,3 hab/km2). Tendo en conta estes datos, pódense distinguir tres áreas:

  • Área suburbana, conformada polo primeiro anel metropolitano da Coruña. Trátase dos concellos de Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros.
  • Área rururbana, conformada polos concellos de Sada, Bergondo, Betanzos, Abegondo e Carral.
  • Área rural, conformada polos concellos de Aranga, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Oza-Cesuras, Paderne e Sobrado.

Espazos protexidos[editar | editar a fonte]

Dentro da reserva inclúense varios lugares de importancia comunitaria da Rede Natura 2000, como Betanzos-Mandeo, o esteiro do río Baxoi, o encoro de Abegondo-Cecebre, as brañas do Deo, a serra da Cova da Serpe, a Costa de Dexo-Serantes (tamén declarada monumento natural) e o tramo arteixán da Costa da Morte.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]