Zona de especial protección dos valores naturais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

As zonas de especial protección dos valores naturais (ZEPVN) foron unha categoría de espazo natural protexido dentro dentro da lexislación galega cunha finalidade de conservación e protección ambiental.[1][2] Esa categoría introduciuse coa da Lei 9/2001 de conservación da natureza para acoller a espazos como os da rede Rede Natura 2000.[3] Porén, retirouse coa revisión desa lei, trala aprobación da Lei 5/2019 do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia, por coincidir todos os ZEPVN cos espazos da rede natura aprobados.[4] Isto é, todos os espazos naturais galegos da Rede Natura 2000, que son as zonas especial de conservación e as zonas de especial protección para as aves, foron ata ese ano zonas de especial protección dos valores naturais.[1]

Esa categoría amparaba aos espazos naturais, culturais e de interese científico que non gozan dunha categoría superior na lexislación estatal. Nas áreas nomeadas como ZEPVN podíanse seguir levándose a cabo actividades tradicionais sempre e cando non poñan en risco o espazo natural ou patrimonio cultural protexido.[1]

Espazos ZEPVN[editar | editar a fonte]

O decreto 72/2004 galego supuxo a declaración das zonas especial de conservación e as zonas de especial protección para as aves galegas e outorgoulles a categoría de ZEPVN. O decreto 131/2008 sumou á lista a ZEPA de Pena Trevinca e o decreto 411/2009 a da Limia.

Coa Lei 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia retírase a categoría de ZEPVN e só se consideran ZECs ou ZEPAs.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN)". Consultado o 4 de outubro de 2017. 
  2. Eionet European Topic Centre on Biological Diversity. European Union. (eds.). "Building the Natura 2000 network. Chapter 3. Reference Portal for Natura 2000". Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2017. Consultado o 04 de outubro de 2017. Véxase '13) Nature conservation designation types (SDF field: 5.1)' 
  3. Presidencia da Xunta de Galicia (Martes, 04 de setembro de 2001). Xunta de Galicia, eds. "LEI 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza." (DOG Núm. 171): 11.754. 
  4. 4,0 4,1 Presidencia da Xunta de Galicia (Martes, 04 de setembro de 2001). Xunta de Galicia, eds. "LEI 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia." (DOG Núm. 171): 11.754.