Espazos naturais de interese local

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
O espazo natural de interese local das Illas de San Pedro en Visma, A Coruña

Os espazos naturais de interese local (ENIL)[1] e os espazos privados de interese natural (EPIN)[2] son figuras de protección de espazos naturais públicos e privados recoñecidos polo goberno galego. Son espazos naturais, que pola súa fauna ou flora, hábitats ou interese locais de conservación, os concellos, mancomunidades ou propietarios particulares lle propoñen ao goberno galego para a súa declaración acompañados dun plano de conservación. Se o goberno avalía como válido o plano de actuacións decláranse o ENILs ou EPINs. O goberno galego vela polo cumprimento dos compromisos de conservación que as entidades públicas ou privadas adquiriron. Porén, estes espazos non forman parte da rede galega de espazos naturais.[3][4]

Espazos naturais de interese local[editar | editar a fonte]

Ecosistema dunar Praia América-Panxón[editar | editar a fonte]

O sistema de dunas das praias de América e Panxón, en Panxón, Nigrán, declaráronse en 2014 como de interese local. É un espazo natural de 3,58 ha. que salvagarda ás dunas das praias.[1]

Illas de San Pedro[editar | editar a fonte]

As illas de San Pedro, en Visma, A Coruña foron declaradas como de interese local en 2009. Estas illas son de 10.40 ha. e atópanse en fronte do monte de San Pedro, na cidade da Coruña.[1]

Loio-Ruxidoira[editar | editar a fonte]

O espazo natural de Loio-Ruxidoira atópase no río Loio do encoro de Belesar en Paradela. Ocupa 437 ha. e foi declarado en 2013 de interese local.[1]

Puzo do Lago[editar | editar a fonte]

O Puzo do Lago está no Lago, Maside. Este espazo natural abrangue un lago e a súa contorna. Ocupa 30.6 ha. e foi declarado en 2014.[1]

Ribeiras do Mero-Barcés[editar | editar a fonte]

As ribeiras do Mero-Barcés é un espazo natural que abrangue as cuncas do río Barcés, Gobia e Mero ao seu paso por Abegondo. O ENIL abrangue as cabeceiras dos río Mero antes da súa chegada ao encoro de Abegondo - Cecebre, que está declarado como zona especial de conservación (ZEC).[1]

Río Gafos[editar | editar a fonte]

O río dos Gafos están en Pontevedra, entre Cabanas e Lusquiños. Este ENIL ocupa 49,80 ha. das ribeiras deste río pontevedrés.[1]

Voutureira[editar | editar a fonte]

Voutureira atópase en Soutopenedo, San Cibrao das Viñas. Este espazo natural ocupa 183,78 ha. e declarouse en 2008.[1]

Xunqueira de Alba[editar | editar a fonte]

Xunqueira de Alba acolle estas ribeiras da cidade de Pontevedra. Ocupa 67 ha. e foi declarado como ENIL en 2012.[1]

Espazos privados de interese natural[editar | editar a fonte]

Sobreiras do Faro[editar | editar a fonte]

As sobreiras do Faro son un espazo privado que se atopa en Viladesuso, Oia. Este espazo é propiedade dunha macomunidade local de Viladesuso que ten propiedades nos montes de Faro e Pousiño. É o único EPIN galego e foi declarado en 2011.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Consellaría de Medio Ambiente, Ordenación e Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "Espazos naturais de interese local". Consultado o 27 de outubro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 Consellaría de Medio Ambiente, Ordenación e Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "Espazos privados de interese natural". Consultado o 27 de outubro de 2017. 
  3. Consellería de Medio Ambiente, Xunta de Galicia (23 de maio de 2005). DOG, eds. Decreto 124/2005, do 6 de maio, polo que se regula a figura de espazo natural de interese local e a figura de espazo privado de interese natural. DOG Num. 97. p. 8706. 
  4. Véxase o sistema de espazos protexidos de Galicia.