Saltar ao contido

Prata (heráldica)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A prata é unha cor heráldica. Represéntase en heráldica coa cor gris, con maior ou menor matiz metálico; en imprenta, mediante a cor branca ou a ausencia de tinta; en gravado, mediante a ausencia de puntos ou raias na superficie do campo ou figura.

En heráldica, a prata é considerado o máis nobre dos esmaltes, e proporcionalmente, o máis usado. É utilizado no armiño e no vero.

Significado

[editar | editar a fonte]

Este esmalte heráldico é un signo de pureza, integridade, obediencia, firmeza, vixilancia, elocuencia e vencemento.