Saltar ao contido

Figueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Figueira
 Nome taxon
    Ficus carica Carl von Linné 1753 Editar o valor en Wikidata
 Nome curto
    F. carica (mul)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Categoría taxonómica
Características
 Rusticidade da planta
7 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Tipo de follaxe
 Fonte de
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
 ReinoPlantae
 OrdeRosales
 FamiliaMoraceae
 TriboFiceae
 XéneroFicus
 EspecieFicus carica Editar o valor en Wikidata
L., 1753 Ficus carica Editar o valor en Wikidata
Localización
Códigos e identificadores
Freebase/m/043nyj Editar o valor en Wikidata
UNIIMAW09HMQ3X Editar o valor en Wikidata
ITIS19093 Editar o valor en Wikidata
OTT658505 Editar o valor en Wikidata
UICN63527 Editar o valor en Wikidata
CoL6HVJJ Editar o valor en Wikidata
EOL594632 Editar o valor en Wikidata
WFOwfo-0000687690 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons
Figos maduros in situ
"Schiocca" de figos pasos calabreses

A figueira (Ficus carica) é unha árbore (ou arbusto) da familia das moráceas (Moraceae), unha das numerosísimas especies do xénero Ficus. Orixinaria de Asia suroccidental, medra hoxe brava polo Mediterráneo e noutras rexións do mundo. En Galiza, malia non medrar de xeito espontáneo, é común o seu cultivo dende a antigüidade, especialmente nas Rías Baixas, polo que deu lugar a unha infinidade de topónimos. O consumo de figos pasos era moi común coma sobremesa no inverno.

As figueiras medran espontaneamente en terreos e noiros rochosos e incluso en valados e vellos muros de cachotes, onde poucas plantas atopan oportunidade. Témese o desenvolvemento das súas raíces por mover moito os solos onde fican. En Galiza adoita plantarse illada nos pomares entre outras froiteiras, ou preto dos muros da casa ou do valado.

Descrición

[editar | editar a fonte]

De porte baixo, máis semellante ao dun arbusto que ao dunha árbore (entre 3-10 m), sobre todo cando emite unha especie de espeques que sosteñen as pólas. Pouco esixente e canto ao solo, o seu crecemento é lento. A casca é lisa e de cor cinsenta. As follas son caedizas, de 12 a 25 cm de longo e 10 a 18 de largo, profundamente lobuladas, formadas por 3 ou 5 lóbulos.

Produce froitos compostos dun tipo especial, o sicono, aos que se coñece coma figos (sicono etimoloxicamente significa figo). A figueira produce un látex abrancazado irritante.

Algunha figueiras, chamadas bíferas, producen dúas colleitas ao ano. Existen tanto variedades dioicas (que producen flores dun único sexo en cada individuo) como monoicas (producen flores masculinas e femininas na mesma árbore). Estas figueiras acostuman utilizarse para fecundar as figueiras femininas da variedade esmirna, cultivadas no norte de África e Oriente Medio e coñecidas en California (EUA) co nome de calymirna.[1]

As figueiras cultivadas reprodúcense mediante escallos. Son moi resistentes ás condicións adversas e cultívanse principalmente como árbores froiteiras de segunda categoría.[1] Ademais, a figueira é unha das especies aptas para cultivar como bonsai.[2]

Artigo principal: Figo.

Os froitos da figueira son diversos, distinguíndose moitas variedades e distintas frutificacións estacionais, designándose con termos como figos brancos, figos raíña, figos negros e béveras. Foi unha das primeiras plantas cultivadas polo ser humano: un artigo da revista Science constataba o achado de nove figos fosilizados datados arredor de 9400-9200 a. C. nun poboado neolítico Gilgal I, no Val do río Xordán. Por mor a que as figueiras son do tipo partenocárpico, constitúen unha das especies domesticadas. Este achado antecede á domesticación do trigo, o orxo e os legumes, polo que pode ser o primeiro caso coñecido de agricultura. A medida que a migración humana transportou a árbore fóra do ámbito natural desenvolvéronse ou apareceron milleiros de cultivares, a maioría sen nome e durante milleiros de anos constituíu unha importante cultura alimentaria.

No libro da Xénese, Adán e mais Eva cóbrense con follas de figueira cando se decatan de que están nus, despois de seren sorprendidos por pecadentos.

"A muller reparou que o froito da árbore era saboroso, atraente, e bo para adquirir entendemento. E coa mesma colleu do froito e comeu; logo deulle ó seu home, e tamén el comeu. Entón abríronselles os ollos ós dous e decatáronse de que estaban espidos. Entrelazaron follas de figueira e cinguíronse con elas".

Na antiga Roma considerábana unha árbore sagrada, xa que o seu mito fundacional, Rómulo e Remo foron aleitados pola loba Luperca baixo dunha figueira.

Figueira a medrar sobre dun toro dun lamigueiro do Cáucaso (Zelkova carpinifolia).

Cultivo e usos

[editar | editar a fonte]

Ademais de coma froito fresco de tempada, os figos consumíronse tradicionalmente tras someterse á técnica do secado, o xeito máis común de conservar esta froita. A froita seca ou pasa, e en especial os figos, era un alimento especialmente valorado. O proceso permitía dilatar o seu consumo no tempo e cubrir momentos nos cales a escaseza de alimento era notoria. As súas follas téñense usado para alimentar o gado.

Hai basicamente tres variedades de figueiras cultivadas:[3]

  • Figueiras de Esmirna que requiren polinización pola avéspora do figo para desenvolver as colleitas.
  • Persistente (ou común) non necesitan polinización; o froito desenvólvese por medios partenocárpicos.
  • Intermedio (ou San Pedro) non necesitan polinización de cultivos para establecer a bévera, porén si a necesitan, polo menos nalgunhas rexións, para o cultivo principal.

Propiedades

[editar | editar a fonte]

O seu látex («leite de figo») usouse antigamente para combater caries dentais e espullas da pel. Tamén se empregou para callar o leite.[4] Descríbense tamén moitas «virtudes» en farmacopea popular que poderían non ter máis interese que o puramente folclórico.[5]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Ficus carica foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum, vol. 2, p. 1059 en 1753 .[6]

Etimoloxía
  • Ficus, do latín ficus que designaba tanto a figueira coma o seu "froito", o figo.
  • carica, outro termo latino para o figo; orixinario da Caria (Καρία en grego antigo), unha rexión histórica situada ao suroeste da actual Turquía.
Táxones infraespecíficos

Só ten un aceptado: Ficus carica subsp. rupestris (Hausskn. ex Boiss.) Browicz

Sinonimia
  • Caprificus insectifera Gasp.
  • Caprificus leucocarpa Gasp.
  • Caprificus oblongata Gasp.
  • Caprificus pedunculata (Miq.) Gasp.
  • Caprificus rugosa (Miq.) Gasp.
  • Caprificus sphaerocarpa Gasp.
  • Ficus albescens Miq.
  • Ficus burdigalensis Poit. & Turpin
  • Ficus caprificus Risso
  • Ficus colchica Grossh.
  • Ficus colombra Gasp.
  • Ficus communis Lam.
  • Ficus deliciosa Gasp.
  • Ficus dottata Gasp.
  • Ficus globosa Miq.
  • Ficus hypoleuca Gasp.
  • Ficus hyrcana Grossh.
  • Ficus kopetdagensis Pachom.
  • Ficus latifolia Salisb.
  • Ficus leucocarpa Gasp.
  • Ficus macrocarpa Gasp.
  • Ficus neapolitana Miq.
  • Ficus pachycarpa Gasp.
  • Ficus pedunculata Miq.
  • Ficus polymorpha Gasp.
  • Ficus praecox Gasp.
  • Ficus regina Miq.
  • Ficus rugosa Miq.
  • Ficus silvestris Risso
  • Ficus rupestris (Hausskn. ex Boiss.) Azizian[7]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1 2 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2013. Consultado o 25 de febreiro de 2013.
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2013. Consultado o 25 de febreiro de 2013.
  3. "North American Fruit Explorers: Figs.". Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2009. Consultado o 25 de febreiro de 2013.
  4. Ficus carica en Flora Ibérica
  5. Pío Font Quer, Plantas Medicinales-El Dioscórides Renovado, Editorial labor SA, Barcelona 1980, p. 121 y sig.
  6. "Figueira". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 4 de febreiro de 2013.
  7. Figueira en PlantList

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]