Túmulo
Un túmulo é o nome que recibe unha morea de terra e pedras sobre unha tumba ou varias, e que se remonta á época das Idades de Pedra, de Bronce e de Ferro. En Galicia atopamos restos de túmulos en todo o territorio.
Orixinariamente consistía nunha morea de rochas que recubrían directamente o corpo, mais a súa estrutura foi modificada e estes soterramentos foron cubertos por terra até formar verdadeiras montañas artificiais, ao longo dos séculos, e medrando en tamaño até chegar a se converter en cámaras funerarias nas que repousaban tanto o guerreiro morto como as súas armas e as súas principais pertenzas. En ocasións acollían o soterramento de numerosos individuos. A aparición dos túmulos está habitualmente relacionada cunha forma de reivindicación de dereitos sobre as terras nas que se situaban. Canto menos visíbeis desde o lonxe eran os asentamentos, máis visíbeis se facían os túmulos, a xeito de indicadores de que o territorio estaba ocupado.
Clasificación pola súa forma
[editar | editar a fonte]Adóitanse distinguir pola súa forma e reciben os nomes a seguir:
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Túmulo |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Túmulo |