Lugar de interese xeolóxico
Un lugar de interese xeolóxico (LIX) é unha zona xeolóxica única ou de interese científico ou divulgativo catalogada para a súa promoción e protección no estado español. Estes lugares xeolóxicos decláranse pola presenza de estruturas xeolóxicas, de formas do terreo e elementos da súa modelaxe, de tipos de solo, de rochas ou dunha composición mineral, de fósiles ou meteoritos presentes, entre outros, e que son de interese para entender as orixes e evolución das formación xeolóxicas, da vida e do planeta.[1][2]
A declaración destas zonas está amparada pola lei 42/2007 española[3] e actualízase no catálogo de lugares de interese xeolóxico, que é un traballo de colaboración entre o estado, as comunidades autónomas e entidades científicas. En 2017 só Andalucía, Aragón, Cataluña, e Euskadi contaban con inventarios propios e oficiais. Nas demais comunidades é o Instituto Xeolóxico e Mineiro de España (IXME) quen mantén o rexistro de lugares de interese xeolóxico actualizado, en colaboración con organismos científicos. O IXME cataloga estes lugares indicando se é un proxecto cartográfico propio, das autonomías ou para o proxecto internacional Geosites.[4]
O número de LIX en España en 2015 foi de 2787, entre os cales estaban 276 unidades declaradas como Global Geosites. Galicia conta con 62 LIX, dos cales 16 son geosites.[2]
Lugares de interese xeolóxico de Galicia[editar | editar a fonte]
Geosites[editar | editar a fonte]
Galicia contaba en 2011 con 16 espazos de interese xeolóxico de relevancia internacional, ou geosites:[5]

- Os dobramentos tumbados da Serra do Courel: 5 LIXs tectónicos no manto de Mondoñedo da oroxénese varisca ibérica formados no carbonífero inferior.
- Altos da serra do Courel, en Folgoso, Folgoso do Courel.
- Altos da serra do Courel, en Campodola, Quiroga.
- Altos da serra do Courel, en Froxán, Folgoso do Courel.
- Altos da serra do Courel, en Vilamor, Folgoso do Courel.
- Altos da serra do Courel, en Busto, Alto da Serra e Alto do Castro, na Pobra do Brollón.
- A zona de cizalla basal do manto de Mondoñedo: 5 LIXs tectónicos do dominio do manto de Mondoñedo da oroxénese varisca ibérica, na zona asturoccidental-leonesa formados entre o Carbonífero inferior e o medio.
- O complexo do Cabo Ortegal: 5 LIXs tectónicos do complexo de Cabo Ortegal, asociados á oroxénese varisca ibérica formados no Ordovícico-Silúrico.
- Cantís e macizo montañoso entre as Brancas e Punta Ardillosa, Cedeira.
- Cantís e macizo montañoso en Punta Candelaria, Cedeira.
- Cantís e macizo montañoso en Santo André de Teixido, Cedeira.
- Cantís e macizo montañoso en Punta Aguilóns, en Cabo Ortegal, Cariño.
- Cantís e macizo montañoso da serra da Capelada entre Figueiroa e Espasante, Cariño.
- A fervenza do Ézaro: é o tecido xeomorfolóxico dunha rede fluvial, de rañas e relevos do macizo Ibérico, formado no Cenozoico e posiblemente ata o Cuaternario. Atópase entre Dumbría, Carnota e Mazaricos.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Instituto Geológico y Minero de España (eds.). "Patrimonio Geológico y geodiversidad de España: Patrimonio geológico".
- ↑ 2,0 2,1 Luis Carcavilla. Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente. Gobierno de España, eds. Inventario español de lugares de interés geológico: Informe. Espacios y/o de interés.
- ↑ Boletín Oficial del Estado, eds. (15/12/2007). "Ley 42/2007, de 13 de diciembre, del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad. «BOE» núm. 299, de 14/12/2007.". Consultado o 2017-10-03.
- ↑ Instituto Geológico y Minero de España (eds.). "Base de datos del Inventario Español de Lugares de interés geológico".
- ↑ Instituto Geológico y Minero de España (eds.). "Proyecto Global Geosites".