Río Barcés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Barcés
PaísGaliza
NacementoCerceda
DesembocaduraEncoro de Abegondo - Cecebre
Hidrogalicia rio mero.svg Conca mero barces.svg
Conca fluvial do Barcés e o Mero en Galiza (en azul escuro)

O río Barcés é un curso fluvial da provincia da Coruña que nace no concello de Cerceda e desemboca no encoro de Cecebre.

O curso alto, chamado aínda rego Barcés, é tributario do lago das Encrobas. Dende aí traza un percorrido en dirección nordés até confluír co río Mero en Orto, Abegondo, a unha altitude de 40 metros sobre o nivel do mar, onde ambos forman o encoro de Abegondo - Cecebre[1], espazo declarado zona especial de conservación (ZEC).

O Barcés é o principal dos colectores secundarios da conca do río Mero, e recolle as augas da aba meridional dos montes do Xalo e das terras de Cerceda[2].

Flora[editar | editar a fonte]

O comezo do río Barcés atópase nun bosque ripiano de salgueiros e ameneiros. Cara ao fondo do río apréciase un aumento da vexetación, formando "unha galería", medrando nun espazo estreito e longo estendéndose en paralelo ao curso da auga. Nese último treito destaca a presenza do chopo negro[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Embalse de Cecebre:: Ríos Mera y Barcés". guias.masmar.net. Consultado o 2021-04-03. 
  2. [1][Ligazón morta] Aqua Plann. Estudo de planificación.
  3. "Orde do 14 de setembro de 2012 de aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Abegondo". Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2013. Consultado o 25 de agosto de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.