Folgoso, Abegondo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Folgoso
Parroquia de Folgoso do concello de Abegondo.png
Concello Abegondo
Área 3,54 km²
Poboación 130 hab. (2010)
Densidade 36,72 hab./km²
Entidades de poboación 10

Santa Dorotea de Folgoso é unha parroquia do concello de Abegondo na comarca da Coruña. En 2010 tiña 130 habitantes (58 homes e 72 mulleres) segundo datos do IGE, cunha superficie de 3,54 km²

Sitios de interese artístico e cultural[editar | editar a fonte]

Igrexa de Santa Dorotea[editar | editar a fonte]

A igrexa de Folgoso está entre o lugar da Cancela e da Igrexa. É dun estilo barroco do século XVIII. E da tipoloxía rural habitual na bisbarra, cunha planta rectangular e unha soa nave. Ten no seu interior un retablo barroco, mais o resto da decoración é sobria. A fachada principal está rematada por unha espadaña dobre cun culmen en pináculos[1][2].

Cruceiro de Folgoso[editar | editar a fonte]

O cruceiro háchase preto da igrexa, fóra do muro perimetral da igrexa de Santa Dorotea. É unha obra pedesta de base cadrada e un arranque de fuste de sección cadrada. O ultimo terzo do cruceiro faise con esquinas biseladas e mostrando un capitel con volutas e follas de acanto. Os laterais do cruceiro está decorados con rostros de querubíns. Na cruz atopa polo anverso a imaxe de Cristo e polo reverso a imaxe da Virxe, ambas as dúas figuras realizadas nun talle primitivo[2][1].

O pazo de Folgoso[editar | editar a fonte]

O Pazo de Folgoso describiuse por primeira vez no ano 1700 e encrávase na Aldea de Abaixo, Folgoso, Abegondo. Aparecia daquela como unha torre e un escudo. Nese templo parroquial tiñan os señores do pazo as súas sepulturas brasonadas que no escudo da torre a penas podíanse ler "Martínez Barbeito". Arestora o pazo asemellase a unha casa labrega tradicional, inda que a parte en forma de "torre" se lle segue a dar ese nome, e como mostran as pegadas nos muros indicando seren unha construción militar[2][1]..

Arqueoloxía[editar | editar a fonte]

Os Ullos[editar | editar a fonte]

No lugar de San Bartolomé foron descubertas por obras de oleoduto, nun 450 metros de cabadas, 24 anacos de cerámica mediaval e un lítico do Calcolítico-Idade de Bronce. Porén, nesa zona non foi descuberta ningunha estrutura arqueolóxica asociada a ese material. A construción do oleoduto destruiu parcialmente o xacemento[1].

Caserío de San Bartolomé[editar | editar a fonte]

No lugar de San Bartolomé localizouse un xacemento de fragmentos líticos e cerámica durante as obras de construción dun oleoducto dende A Coruña a Vigo. En 240 metros da vía do oleoducto recolléronse fragmentos de cerámica, no que 68 restos pertencen á Idade Media e dous ao Calcolítico e Idade de Bronce. Nese mesmo tramo tamén se atoparon oito obxectos líticos do Calcolítico/Idade de Ferro. O xacemento foi alterado polas obras do oleoducto e de naves industriais cercanas[1].

Mámoas[editar | editar a fonte]

Existen varias mámoas descubertas[1]:

  • Mámoa 3 de San Bartolomé
    • Esta mámoa non ten restos de estruturas pétreas. Ten unha masa tumular moi espallada, con forma alongada en sentido leste-oeste, por mor dos traballos agrícolas realizados nesa zona. O cono de violación foi colmatado por causa deses traballos agrículas na zona. O estado de conservación é malo.
  • Mámoa 5 de San Bartolomé
    • É un enterramento tumular de planta circular no que non se aprecian restos de estruturas pétreas nin cono de violación. Consérvase medianamente ben.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 [1] Orde do 14 de setembro de 2012 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Abegondo (A Coruña)
  2. 2,0 2,1 2,2 [2]Turgalicia.es

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Folgoso[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Folgoso no concello de Abegondo (A Coruña)

A Aldea de Arriba | Beche | A Braña | Cancela | Coedo | A Igrexa | A Lameira | A Travesa | O Vao | Vilar

Parroquias de Abegondo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Abegondo

Abegondo (Santaia) | Cabanas (San Xián) | Cerneda (San Salvador) | Cos (Santo Estevo) | Crendes (San Pedro) | Cullergondo (Santa María) | Figueroa (San Miguel) | Folgoso (Santa Dorotea) | Leiro (Santaia) | Limiñón (San Salvador) | Mabegondo (San Tirso) | Meangos (Santiago) | Montouto (Santa Cristina) | Orto (San Martiño) | Presedo (Santa María) | Sarandós (Santa María) | Vilacova (San Tomé) | Viós (San Salvador) | Vizoño (San Pedro)