Patrimoniogalego.net

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Patrimonio Galego é un catálogo social do patrimonio cultural galego na Internet. Comezou a elaborarse no ano 2011.[1] En 2018 acadaron os dez mil elementos catalogados.

Descrición[editar | editar a fonte]

O proxecto está baseado en persoas colaboradoras voluntarias de toda Galiza que visitan lugares e elementos patrimoniais de interese, os catalogan, describen e soben á páxina descricións deles xunto con imaxes. O proxecto está supervisado por colaboradores que deben validar as achegas para ser engadidas. Os elementos catalogados están xeorreferenciados e con imaxes. Pode ser consultado libremente facendo buscas polo miúdo. Hai que estar rexistrado na páxina e ter unha conta de usuario para facer achegas aínda que cada elemento catalogado ten ficha propia e pódense achegar comentarios.

É un proxecto desenvolvido por Manuel Gago, Elisa Amigo, Adela Oyonarte, Carmela Sánchez Arines, Pancho Gallego, Elixio Vieites, Álex Bragaña, Soledad Felloza, Eladio Rial, Xurxo Salgado e Félix Aragunde.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]