Saltar ao contido

Castro de Cos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Castro de Cos
Tipocastro Editar o valor en Wikidata
ConservaciónRegular
Localización
Mapa
 43°13′48″N 8°14′56″O / 43.2298778, -8.2487528
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia da Coruña
ConcelloAbegondo
ParroquiaCos
LugarO Barral de Abaixo Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Id. catálogoGA15001007
Wikidata ]

O castro de Cos é un castro situado no Barral na parroquia de Cos, no concello coruñés de Abegondo.

Morfoloxía

[editar | editar a fonte]

O castro de Cos consta dun recinto principal fortificado de forma elíptica, defendido por un terraplén interno. Este terraplén ten entre 4 e 6 metros de altura no arco E-S-O e uns 23 de ancho. Nesta mesma zona consérvanse restos dun primeiro foxo duns 4 m de ancho, e que na parte setentrional foi destruído por movementos de terras[1].

O sistema defensivo complétase cun segundo parapeto, duns 4 metros de alto e 12 de ancho. Está reforzado cun segundo foxo moi deteriorado, do que só se conserva o arco suroriental.

Arqueoloxía

[editar | editar a fonte]

Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas. Na actualidade non está visitable.

  1. "Catálogo de protección arqueolóxica no PXOM do concello de Abegondo" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de agosto de 2014. Consultado o 27 de agosto de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]