Tucumán
| |||
Capital poboación (ano) |
San Miguel de Tucumán 527.607 habitantes (2001) | ||
![]() | |||
Gobernador | Osvaldo Jaldo (PJ) | ||
Superficie | 22.524 km² | ||
Poboación Densidade |
1.448.200 hab.(2010) 64,30 hab./km² | ||
Xentilicio | tucumano/a |
A provincia de Tucumán[1] é unha das 23 provincias da Arxentina. Ten unha poboación de 1.448.200 habitantes (2010) e a súa capital é San Miguel de Tucumán.
Situada na rexión xeográfica do Noroeste Arxentino, formando tamén parte da Rexión do Norte Grande Arxentino, limita polo norte coa provincia de Salta, polo leste e sur coa de Santiago del Estero e polo oeste e sur coa de Catamarca.
Foi escenario do Congreso de Tucumán entre os anos 1816 e 1820 que, entre outras cousas, declarou a Independencia do Vicerreinado do Río da Prata a España, o 9 de xullo de 1816. É a provincia de menor extensión da Arxentina, ou a segunda máis pequena se non se contan os territorios en disputa de Terra do Fogo como parte desta.
Notss[editar | editar a fonte]
- ↑ Ver entrada de «San Miguel de Tucumán». Diciopedia do século 21 3. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Do Cumio, Galaxia e do Castro. 2007. p. 1873. ISBN 9788482893600.