Río Mero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mero
Rio Mero Cambre 6373alhdzwGL.jpg
PaísGalicia
NacementoMontes da Tieira
Altitude500 m
Lonxitude41 km
DesembocaduraRía do Burgo
Hidrogalicia rio mero.svg
Conca fluvial do Mero en Galiza (en azul escuro)

O Río Mero está na provincia da Coruña.

Curso[editar | editar a fonte]

Nace nos Montes da Tieira (Cesuras) e tras percorrer 41 km desemboca no interior da ría do Burgo. Atravesa os concellos de Oza-Cesuras, Abegondo, Bergondo, Cambre, Culleredo e Oleiros. Nel está o encoro de Cecebre e na súa confluencia co río Barcés forma a zona especial de conservación (ZEC) Encoro de Abegondo - Cecebre, que pertence na súa maior parte ao concello de Abegondo.

Caudal[editar | editar a fonte]

A media do caudal do río Mero a altura de Cambre foi de 7,3 m3/s e con máximos de 34,8 m3/s entre o 1970 e o 1986 [1]. Para evitar inundacións, así coma facer uso de toda a capacidade do encoro de Cecebre, realizáronse as obras de canalización, rematadas no ano 2007, no seu tramo final entre o encoro de Cecebre ata a súa desembocadura na ría.[2]

Afluentes[editar | editar a fonte]

Afluentes.

Pola marxe esquerda, ten o Barcés, o Brexa e mais o río Valiñas. Pola marxe dereita, o Río Gándara.

Río Mero

Aproveitamento[editar | editar a fonte]

A auga do encoro de Cecebre fornece aos concellos da Coruña, potabilízase na ETAP da Telva xestionada por Emalcsa. O ciclo da auga remata na EDAR de Bens.

Navegación[editar | editar a fonte]

No pasado o río foi navegable ata o porto de Sigrás. Era habitual o movemento de barcadas con persoas e mercadoría, principalmente para fornecer a Casa da Especiería da Coruña.[3] Actualmente esta posibilidade vese limitada polo encoro da Barcala. En 1990 o alcalde de Cambre, Antonio Varela, enviou un escrito á Confederación Hidrográfica do Norte solicitando a eliminación de devandita presa.[4] Conta con pantalán en O Temple que permite o amarre de pequenas embarcacións.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]