Saltar ao contido

Vía XX

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaVía XX
TipoVía romana
estrutura romana Editar o valor en Wikidata
Parte deItinerario de Antonino Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaHispania Citerior, Roma Antiga e Gallaecia, Roma Antiga Editar o valor en Wikidata
Historia
PeríodoImperio Romano Editar o valor en Wikidata
Vías hispanas no Itinerario de Antonino.
Panel da vía XX en San Vicente de Fervenzas.

A Vía XX, per loca maritima, era unha calzada romana, recollida no Itinerario de Antonino. Unía as cidades de Bracara Augusta (Braga) e Asturica Augusta (Astorga) bordeando o litoral atlántico da Gallaecia e pasando pola cidade de Brigantium (posiblemente, as actuais A Coruña ou Betanzos) e Lucus Augusti, onde se unía á Vía XIX e continuaba até Asturica Augusta. Certas etapas da vía tamén son mencionadas no Anónimo de Rávena.[1] Dela consérvanse varios miliarios.

Hai varios estudosos sobre o tema que ofrecen diferentes localización e que, ás veces, poden resultar contraditorias. Por exemplo, a mansio de Brigantium. Malia que tradicionalmente se asocia ben con A Coruña, ben con Betanzos, a localización desa mansio en concreto, hai autores que a asocian co campamento romano da Ciadella en Sobrado.[2][3][4]

Percorrido

[editar | editar a fonte]

No Itinerario, cítanse as seguintes etapas (correspondentes coas mansio[5]) da Vía XX:

Mansio Millas romanas entre cada mansio

(1 milla de 1.480 m[6] a 1.850 m; 1 estadio de 185 m[7])

Pobolaciones actuales
  1   Bracara Augusta Braga
  2   Aquis Celenis Caldas de Reis?
  3   Vico Spacorum Stadia CXCV (36,07 km) Rianxo - Boiro cruzando o río Ulla por Iria Flavia; ou Vigo[8]
  4   Ad Duas Pontes Stadia CL (27,75 km) Desembocadura río Tambre, Noia - Serra de Outes
  5   Glandimiro Stadia CLXXX (33,30 km) Brandomil - Zas
  6   Trigundo XXII (32,58 km) A Silva - Cerceda; ou Taragoña[9]
  7   Brigantium XXX (44,43 km) Campamento romano da Ciadella en Sobrado
  8   Caranico XVIII (26,66 km) Friol; ou Parga[9]
  9   Lucus Augusti XVII (25,18 km) Lugo
  10   Timalino XXII (32,58 km) Baralla
  11   Ponte Neviae XII (17,77 km) Pontes de Gatín, Liber, Becerreá (?)
  12   Uttaris XX (29,62 km) Castro das Coroas, A Veiga de Valcarce, comarca do Bierzo
  13   Bérgido XVI (23,69 km) Castro Ventosa, Cacabelos
  14   Asturica Augusta L (74,05 km) Astorga
  1. Suárez Piñeiro (2001), p. 82
  2. VV.AA. (1991), p. 119
  3. Franco Maside (2000), p. 164
  4. Vázquez Gómez (1991), p. 39.
  5. As mansio (en plural, mansiones) eran lugares con parada e instalacións para os viaxeiros do servizo de correo romano, o Cursum publicus.
  6. Sáez Taboada (2002), p. 392
  7. Villanueva (2006), p. 29
  8. Villanueva (2006), p. 26
  9. 9,0 9,1 Aguado, Javier (27 de xaneiro de 2008). "El Eje Atlántico de los romanos". elcorreogallego.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 22 de maio de 2025. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.