Cañás, Carral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cañás
Igrexa de Santa Baia de Cañás
ConcelloCarral[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°14′00″N 8°19′32″O / 43.2333, -8.3256Coordenadas: 43°14′00″N 8°19′32″O / 43.2333, -8.3256
Poboación377 hab. (2017)
Entidades de poboación15[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa Baia de Cañás[1] é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Carral. Segundo o IGE en 2017 tiña 377 habitantes (188 mulleres e 189 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2006 cando tiña 353 habitantes.

Cultura[editar | editar a fonte]

Topónimo[editar | editar a fonte]

Cañás podería ser un fitotopónimo que reflicte a presenza de canas, e que puido ter a súa orixe entre os séculos X e XIII, inda que non existe documentación que o confirme.[2][3]

Patrimonio[editar | editar a fonte]

  • A igrexa de Santa Baia, construída no século XVIII no lugar de Bacelo, representa un exemplo da arquitectura tradicional galega, con escasos ornamentos. A espadana que soporta o campanario é o máis destacable.
  • Nesta parroquia atopábase o pazo de Cañás, do que xa non queda ningún resto.[4]
  • Nas inmediacións da estrada que une Sergude con Cañás, preto do desvío do Camiño Inglés, atópase unha antiga fonte medicinal, que contou con moita sona na comarca décadas atrás grazas ás súas altas concentracións de ferro. Actualmente está en situación de abandono.
  • No lugar da Ribeira de Cañás atópase a edificación que acolle á estación depuradora de augas, que abastece actualmente ao concello de Carral, e que ata o ano 1940 abastecía a toda a cidade da Coruña. Esta edificación, de estilo modernista, foi construída en 1908 e ampliada en 1922.[5] A depuradora de Cañás foi a segunda en España en subministrar auga filtrada á poboación.[6][7]
  • En Cañás están o castro de Ameás no lugar de Vista Real e o castro de Cañás na Lavandeira.[8]

Etnografía[editar | editar a fonte]

Festas[editar | editar a fonte]

Celebran as festas na honra da Virxe do Carme na primeira fin de semana de agosto e na honra de Santa Baia en decembro.[9]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Cañás[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Cañás no concello de Carral (A Coruña)

A Atalaia | Bacelo | A Bailía | Barbeito | Cañás | Casanova | O Coto | O Marco | Mato Grande | O Monte | O Penedo | A Ribeira de Cañás | O Rueiro | Soavila | Vista Real

Parroquias de Carral[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Carral

Beira (Santa Mariña) | Cañás (Santa Baia) | Paleo (Santo Estevo) | Quembre (San Pedro) | Sergude (San Xián) | Sumio (Santiago) | Tabeaio (San Martiño) | Vigo (San Vicente)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 DECRETO 189/2003, do 6 de febreiro, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da provincia da Coruña.
  2. Cabeza Quiles, F. (1992). Os nomes de lugar. Topónimos de Galicia: a sua orixe e o seu significado. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. 
  3. Sánchez Pardo, JC.; Andrade Cernadas, JM (Dirección) (2008). "Territorio y poblamiento en Galicia entre la antigüedad y la plena Edad Media (Tese)". Universidade de Santiago de Compostela: 1051. 
  4. Catágolo do PXOM do concello de Carral. 2016.
  5. EMALCSA - Empresa Municipal de Aguas de La Coruña, S.A. (eds.). "A Nosa Historia". Consultado o 4 de outubro de 2017. 
  6. Ali-atelier. "Traída de Cañás". Consultado o 24 de marzo de 2015. 
  7. Gharlopinha. "Estación de bombeo de augas de Cañás (Carral)". Consultado o 24 de marzo de 2015. 
  8. Concello de Carral, eds. (18/11/1993, BOP 01/03/1994). Catálogo complementario de monumentos e conxuntos histórico-artísticos obxecto de protección, Plano Xeral de Ordenación Municipal de Carral (PDF). 
  9. Concello de Carral (eds.). "Calendario de Festas". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 24 de marzo de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]