Reserva da biosfera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As reservas da biosfera son lugares para proba de proxectos de desenvolvemento sustentable da iniciativa Programa sobre o Home e a Biosfera da Unesco.[1] As reservas abranguen territorios con ecosistemas terrestres, mariños e costeiros nos que se fomentan proxectos que permitan avanzar no desenvolvemento social preservando o valor ecolóxico do territorio. Búscase conservar a biodiversidade e a diversidade cultura, o desenvolvemento económico sostible, e a investigación, a educación e a formación da sociedade.[1]

As reservas da biosfera deben incluír unha ou varias área protexidas, onde se conservará súa biodiversidade, e zonas na que se promoven iniciativas de desenvolvemento sostible e conservación.[2] As entidades locais e os gobernos deben ser quen propoñan novas reservas. Un comité internacional avaliaraos para ser declarados como reserva natural, o cal obrigará aos solicitantes ao cumprimento da súa finalidade.[2]

A lexislación española a través da lei 42/2007 e a lei 5/2019 galega recoñécenas como áreas protexidas por instrumentos internacionais e asentan o marco legal para o recoñecemento da figura de reserva da biosfera no estado e a súa forma de xestión.[3][4]

Dentro da Rede Mundial de Reservas da Biosfera do programa MaB creáronse ata o 2020 714 reservas da biosfera. Están en 129 estados da UNESCO e 21 deles son reservas transfronteirizas.[5][2]

Obxectivos[editar | editar a fonte]

As reservas da biosfera decláranse dentro dunha Rede Mundial de Reservas da Biosfera no Programa sobre o Home e a Biosfera (en inglés Man and Biosphere programme). A rede de biosferas decláranse nos plenos do programa e, por incumprimento dos obxectivos, pódense anular. Buscan acadar un aproveitamento racional e sustentable dos recursos e dos ecosistemas do territorio. Foméntase o diálogo entre as comunidades locais e a súa a participación en decisións do uso dos recursos da reserva, foméntase a involucración de científicos coa política de conservación da biodiversidade e foméntase as políticas de redución da pobreza e da mellora da calidade de vida das persoas.

O programa MAB promove as colaboracións entre os países dos hemisferios norte cos do sur, e os do sur entre eles. Fomenta o intercambio de experiencias na implantación dos programas das reservas da biosfera e as prácticas aplicadas.

A rede de reservas da biosfera[editar | editar a fonte]

En 2020 había un total de 701 reservas declaradas en 124 países, das cales 21 son transfronteirizas. Algúns países como Myanmar aínda tiveron a súa primeira reserva en 2015. En xuño de 2017 no consello internacional da reserva da biosfera e no programa biosfera de París decidiuse a retirada de 17 lugares dos Estados Unidos e 3 de Bulgaria. Porén, engadíronse outros 23 de todo o mundo.[6]

Rexións da UNESCO Número def
Reservas da biosfera
Número de
Estados
África 70 28
Estados Árabes 301 11
Asia e o Pacífico 142 24
Europa e América do Norte 302 36
América do Sur, América Central e o Caribe 125 21

Espazos nas reservas da biosfera[editar | editar a fonte]

Nunha reserva da biosfera débese incluír:[2]

  • unha zona núcleo, área centrais protexida e con especial interese de conservación da súa biodiversidade,
  • unha zona tampón, área de transición arredor das área núcleo na que se limitan as actividades non relacionadas coa súa conservación,
  • e unha zona de transición, na que se promoven as actividades de conservación de biodiversidade e unha economía sustentable.

Isto faise co obxectivo de manter un desenvolvemento sustentábel dos recursos naturais e as comunidades humanas que habitan nelas. Este esforzo require investigación, seguimento, educación e preparación.

Reservas da biosfera en Galiza[editar | editar a fonte]

Galiza conta con sete reservas da biosfera declaradas. Dúas delas transcenden os límites galegos e teñen parte súa en Asturias (Río Eo, Oscos e Terras de Burón) e Portugal (o Gerês-Xurés).[7]

Nome Interterritorial Declaración Área Habitantes
Área de Allariz[8] Non 29/06/2005 21.482 ha. 9.867
Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo[9] Non 28/05/2013 116.724,3 ha. 189.902
Gerês-Xurés[10] Si (Galego-Portuguesa) 27/05/2009 330.874 ha. 76.301
Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá[11] Non 27/10/2006 53.664 ha. 3.252
Río Eo, Ozcos e Terras de Burón[12] Si (galego-asturiana) 19/06/2007 159.379 ha. 30.413
Terras do Miño[13] Non 8/11/2002 363.668,9 ha. 172.966
Ribeira Sacra, Serras do Oribio e Courel[14][15] Non 15/09/2021 306.534,77 ha. 75.000

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 UNESCO (eds.). "What are Biosphere Reserves?". 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 UNESCO (eds.). "World Network of Biosphere Reserves (WNBR)" (en inglés). Consultado o 2 de setembro de 2020. 
  3. Presidencia da Xunta de Galicia (Mércores, 7 de agosto de 2019). DOGa, eds. "LEI 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia." (149): 35934. 
  4. Xefatura do Estado (14/12/2007). "Ley 42/2007, de 13 de diciembre, del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad.". BOE (299). 
  5. UNESCO (eds.). "Man and the Biosphere Programme - Biosphere reserves" (en inglés). Consultado o 15 de outubro de 2017. 
  6. Chow, Lorraine (16/06/2017). "US Quietly Removes 17 Sites From UN Biosphere Reserve Network". Truthout. Arquivado dende o orixinal o 23/10/2017. Consultado o 16 June 2017. 
  7. Red Española de Reservas de la BIOSFERA (eds.). "Mapa - Las reservas de la biosfera española". 
  8. Reserva da biosfera Área de Allariz na web oficial da Unesco (en inglés)
  9. Novas reservas da biosfera designadas pola Unesco o 28 de maio de 2013 na web oficial da Unesco (en inglés)
  10. O Xurés-Gerês xa fai parte da Reserva da Biosfera Consultada o 06/03/10
  11. Declaración da reserva Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá no web da Unesco (en inglés)
  12. R. Romar (19/9/2007). "La Unesco declara reserva de la biosfera la ría de Ribadeo". La Voz de Galicia. Consultado o 15/12/2007. 
  13. Reserva da biosfera Terras do Miño na web oficial da Unesco (en inglés)
  14. Xunta de Galicia, eds. (15/09/2021). "A Unesco declara a Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel a sétima reserva da biosfera de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 16/09/2021. Consultado o 15/09/2021. 
  15. CRTVG, eds. (15/09/2021). "A Ribeira Sacra, Serras do Oribio e Courel consegue ser Reserva da Biosfera". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]