Castro Maior
Castro Maior | |
---|---|
Parroquia | Vizoño |
Concello | Abegondo |
Provincia | A Coruña |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA15001017 |
Cronoloxía | |
Estado actual | abandono |
Extensión estimada | 1 ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
O castro Maior, Coto da Cerca ou Maior de Vizoño, é un castro situado no lugar de Torreira na parroquia de Vizoño, no concello coruñés de Abegondo da idade ferro-romana, duns 150 metros por 160 metros [1]. Está situado no cumio do monte, nunha chaira.
Morfoloxía
[editar | editar a fonte]Consta dun recinto fortificado consistente nunha croa case circular defendida por un parapeto duns 8 metros de altura e uns 20 metros de anchura. Un foxo rodea todo o recinto, agás polo sueste, onde se abre un acceso a un pequeno antecastro defendido por un parapeto, que agora está deteriorado. Os dous recintos están rodeados completamente por un novo parapeto, maior, que se conserva ata unha altura duns 50 centímetros, non máis por mor da degradación dos traballos forestais.
Obsérvanse tamén restos doutro posible parapeto, que completaría o complexo sistema defensivo.
O conxunto ten unhas dimensións en planta duns 150 por 160 metros.
Conservación
[editar | editar a fonte]O sistema defensivo foi alterado gravemente por traballos agroforestais que provocaron practicamente a desaparición dalgúns parapetos. No centro da croa unha pa mecánica fixo movementos de terras en 1974. No parapeto da zona noroeste instalouse un vértice xeodésico.
Arqueoloxía
[editar | editar a fonte]Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Orde do 14 de setembro de 2012 de aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Abegondo". Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2013. Consultado o 21 de agosto de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Cultura castrexa |