Serafín Avendaño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSerafín Avendaño

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento2 de agosto de 1837 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte23 de agosto de 1916 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Valladolid, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteAterosclerose Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónReal Academia de Belas Artes de San Fernando Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Países Baixos Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1853 Editar o valor em Wikidata - 1916 Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoArte de paisaxes Editar o valor em Wikidata
ProfesoresCarlos De Haes Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiJoaquín Avendaño Editar o valor em Wikidata
IrmánsTeodomiro Avendaño Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Serafín Xoaquín Avendaño Martínez, nado en Vigo o 2 de agosto de 1837 e finado en Valladolid o 23 de agosto de 1916, foi un pintor galego,[1] representante do realismo paisaxístico luminoso e aéreo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do pedagogo Joaquín Avendaño, criouse no barrio de Teis. Moi novo, na nenez, trasladouse co seu irmán Teodomiro a Madrid. Formouse na Real Academia de Belas Artes de San Fernando (1840-1855).[2][3] Foi discípulo de Antonio María Esquivel e de Jenaro Pérez Villaamil. Vivamente apaixonado pola luz, situábase no campo co cabalete, para captar directamente a realidade non desde as formas estritas, senón desde o cromatismo. Foi un exemplo do preimpresionismo da pintura galega. De lento pero firme recoñecemento internacional na actualidade, aínda que en vida gozou de considerable prestixio, especialmente en Italia, onde residiu longos anos.

Comezou moi novo a conseguir galardóns, xa que en 1858 alcanzou medalla de prata na Exposición Rexional de Santiago de Compostela,[4] cunha acuarela aínda anecdótica, titulada «A miña tristura». A súa pintura parte da escola paisaxística creada polo belga Carlos de Haes, aínda que pronto se afastou dos seus modos un tanto preciosistas e fríos.

Aldea galega, ca 1908. Museo de Belas Artes da Coruña.

A posición económica familiar de Avendaño permitiulle viaxar polo mundo. Na década dos sesenta coñeceu os Estados Unidos, instalando o seu estudo en Portland, Oregón, onde se fan famosos os seus cadros coa impresión dos torrentes fluviais das cataratas do Niágara.

Viaxou tamén a Inglaterra, Francia, Alemaña e Suíza.[2] Competindo con Martín Rico, alcanzou pensión para Roma.

En 1864 conseguiu a terceira medalla na Exposición Nacional de Belas Artes, galardón que repetiu en 1892, e a segunda en 1899, compartíndoa con outro galego prematuramente falecido, Jenaro Carrero Fernández.

As súas correrías por Europa lévano a establecerse en Italia a partir de 1876. Alí residiu ata finais da centuria, integrándose na escola paisaxística de Rivara, na que exerce notable influencia.

A súa fama lévalle a conseguir distincións da Coroa belga e a amizade íntima do gran compositor Giuseppe Verdi, en cuxa leira «La Traviatta» pasa tempadas de traballo e relacións cordiais.

De cando en vez regresa a España para participar en certames e mostrar a súa obra. En Vigo traballa na leira familiar de Bellavista, no arranque da barriada de Teis. O seu prestixio levoulle a formar parte do xurado de exposicións nacionais, e a colaborar na revista Blanco y Negro, a partir do ano 1893 e ata 1911. Os últimos anos da súa vida pásaos en Valladolid, onde lle chega a morte en 1916, en plena guerra europea.

En Italia organízanse numerosas exposicións póstumas das súas obras, desde 1930 a 1990, en Roma, Turín, Xénova e Milán. En España dedícaselle atención a partir de 1940, cando o Museo de Pontevedra, por iniciativa de Xosé Filgueira Valverde, organiza a mostra titulada Enrique Campo e os seus precedentes.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Blanco y Negro, 3 de setembro de 1916.
  2. 2,0 2,1 2,2 Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.
  3. Enciclopedia Galega Universal.
  4. Celebrada con motivo da visita da raíña Isabel II.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]