Antón Beiras García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Antón Beiras García, nado en Santiago de Compostela en 1916 e falecido en Vigo o 1 de abril de 1968, foi un oftalmólogo galeguista.

[editar] Traxectoria

Irmán de Manuel Beiras García e tío de Xosé Manuel Beiras Torrado, Antón Beiras licenciouse en Medicina en 1942 e en 1946 asentouse definitivamente en Vigo. Casado coa pedagoga Antía Cal dende 1947, a mediados dos anos cincuenta detéctanlle estrabismo á súa filla, polo que decide comezar a facer investigación nesta enfermidade ocular e a visitar centros de pescuda en Europa. Como consecuencia diso, ademais de sandar a filla, converteuse nunha referencia da oftalmoloxía nese campo e en 1958 publica a que está considerada a primeira publicación científica en galego dende a guerra civil: "Ensaios para mellorar os resultados terapéuticos do estrabismo", en Referatas, a revista da Academia Médico Cirúrxica Provincial de Pontevedra, que recollía o texto dunha conferencia.

Neste campo, tamén foi o inventor do vigoscopio, un aparello que permitía o exame do fondo do ollo, e que nunca se chegou a desenvolver plenamente. En 1962 concédenlle o premio da Sociedade Española de Oftalmoloxía.

Falecido de cancro en abril de 1968, recibiu a homenaxe da comunidade médica e intelectual da época (Darío Álvarez Blázquez, Celso Emilio Ferreiro...). Oficiou o seu funeral o xesuíta padre Seixas, na que foi a primeira homilía pronunciada en galego en Vigo logo da guerra.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas