Ernesto Lecuona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ernesto Lecuona Casado, nado en Guanabacoa o 6 de agosto de 1895 e finado o 29 de novembro de 1963, en Santa Cruz de Tenerife, foi un intérprete e compositor de música cubano. É considerado o músico cubano máis destacado, e a súa obra pianística compárase coa de Manuel de Falla ou a de Ravel. Canda Gonzalo Roig e Rodrigo Prats, forma o trío máis importante de compositores do teatro lírico cubano e en especial da zarzuela. O aporte máis importante de Lecuona ao xénero teatral é a romanza cubana.

Entre as súas obras destacan as zarzuelas Canto Siboney, que está integrada na súa obra La tierra de Venus; Damisela Encantadora, incluída na zarzuela Lola Cruz; Diablos y Fantasías, El Amor del Guarachero, El Batey (1929), El Cafetal, El Calesero, El Maizal, La Flor del Sitio, Tierra de Venus (1927), María la O (1930) ou Rosa la China (1932). Tamén destacar as cancións Canto Carabalí, La Comparsa e Malagueña (1933), pertencente á suite Andalucía; as súas obras para danza, Danza de los Ñáñigos e Danza Lucumí ; a ópera El Sombrero de Yarey (de paradeiro descoñecido), a Rapsodia Negra para piano e orquestra, así como a Suite Española.

Coas súas zarzuelas, deulle unha forma clasicamente definida á zarzuela cubana en canto a xénero e estilo se refire, e, polos seus logros dramáticos e musicais, fican próximas á ópera. En 1942, a súa composición "Siempre en mi corazón", foi candidata para o Oscar como canción; mais no seu lugar gañou "White Christmas".

Biografía[editar | editar a fonte]

Fillo do xornalista español Ernesto Lecuona Ramos, que era orixinario das Illas Canarias, que se estableceu en Cuba, comezou a estudar piano baixo a tutela da súa irmá Ernestina. Foi un neno prodixio. Deu o seu primeiro recital aos 5 anos, e aos 13 realizou a súa primeira composición, a marcha titulada Cuba y América para banda de concerto.

Estudou no Peyrellade Conservatoire con Antonio Saavedra e Joaquín Nin. Graduouse no Conservatorio Nacional da Habana cunha medalla de ouro en interpretación cando tiña 16 anos. Fóra de Cuba comezou a súa carreira no Aeolian Hall (Nova York) e continuou os seus estudos en Francia con Maurice Ravel. Introduciu a orquestra latina nos Estados Unidos, os Lecuona Cuban Boys.

En 1960 trasladouse a Tampa. A difusión da súa obra musical correu a cargo de moitos músicos e directores de orquestra, como por exemplo o director Xavier Cugat, de orixe catalá. É preciso recoñecer que á difusión da súa obra lle dedicaron importantes esforzos o seu amigo e colaborador artístico Orlando Martínez, así como o tamén pianista e musicólogo cubano Odilio Urfé. Tamén destacar que a prensa e a crítica —tanto foránea como do patio— fóronlle sempre favorables a Lecuona.

Tres anos máis tarde morreu en Santa Cruz de Tenerife, Illas Canarias, durante unhas vacacións para coñecer a terra natal dos seus pais. Os seus restos descansan no cemiterio de Gate of Heaven, en Hawthorne, Nova York.

Ernesto Lecuona.

Filmes con música de Lecuona[editar | editar a fonte]

  • Under Cuban Skies, MGM (1931)
  • Free Soul, MGM (1931)
  • Susana Lenox, MGM (1931)
  • Pearl Harbor, MGM
  • La Cruz y La Espada, MGM
  • Always in My Heart, Warner Bros. (1942)
  • One More Tomorrow, Warner Bros. (1946)
  • Carnival in Costa Rica, 20th Century Fox (1947)
  • Maria La O (Filme mexicano)
  • Adiós, Buenos Aires (Filme arxentino)
  • La Última Melodía (Filme cubano)
  • 2046 (2004) (Filme chinés)
  • La Isla (2005)
  • Fresa y chocolate (Filme cubano) (1993)

Música (escolma)[editar | editar a fonte]

Para Piano[editar | editar a fonte]

    • Suite Andalucía
    • Córdova/Córdoba
    • Andaluza
    • Alhambra
    • Gitanerías
    • Guadalquivir
    • Malagueña
    • San Francisco El Grande
    • Ante El Escorial
    • Zambra Gitana
    • Aragonesa
    • Granada
    • Valencia Mora
    • Aragón

Valses[editar | editar a fonte]

    • Si menor (Rococó)
    • La bemol
    • Apasionado
    • Crisantemo
    • Vals Azul
    • Maravilloso
    • Romántico
    • Poético

Outras[editar | editar a fonte]

    • Zapateo y Guajira
    • Para Vigo me voy
    • Rapsodia Negra
    • Canto del Guajiro
    • La Habanera
    • Tres miniaturas
    • Polichinela
    • Bell Flower
    • Cajita de música
    • Mazurka en glissado
    • Preludio en la noche
    • Diario de un niño
    • Yumurí
    • Zenaida
    • Benilde
    • No me olvides
    • Melancolía
    • Orquídeas
    • La primera en la frente
    • La Comparsa
    • El tanguito de mamá (también llamada A la antigua)
    • La danza interrumpida
    • La mulata
    • Arabesque
    • Ella y yo
    • La Cardenense
    • Al fin te vi
    • Impromptu
    • Los Minstrels
    • Gonzalo, ¡no bailes más!
    • ¡Que risa me da! Mi abuela bailaba así
    • ¡No hables más!
    • No puedo contigo
    • ¡Echate pa'llá María!
    • Ahí viene el chino
    • ¿Por qué te vas?
    • Lola está de fiesta
    • En tres por cuatro
    • Danza Lucumí
    • ¡Y la negra bailaba!
    • La conga de medianoche
    • Danza de los Ñáñigos
    • Yo soy así
    • Pensaba en ti
    • Dame tu amor
    • Amorosa
    • Mis tristezas
    • Como baila el muñeco
    • Futurista
    • Burlesca
    • Mientras yo comía maullaba el gato
    • La 32
    • Y sigue la lloviznita!
    • El miriñaque
    • Eres tú el amor
    • Andar
    • Muñequita
    • Tú serás
    • Negrita
    • Aquí está
    • Melancolía
    • Lloraba en sueños
    • Negra Mercé
    • La negra Lucumí

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]