Benito Castro Nogueira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBenito Castro Nogueira
Biografía
Nacemento1923
Aldán, Cangas
Morte2010
Cangas
Datos persoais
País de nacionalidadeGalega
Actividade
OcupaciónPárroco
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Benito Castro Nogueira, nado en 1923 en Aldán e finado en Cangas o 27 de outubro de 2010, foi un párroco galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou sendo párroco no ano 1957, na igrexa da Inmaculada Concepción, daquela situada no número 58 da Avenida de Ramón Nieto de Vigo. Foi artífice do levantamento da actual igrexa da Inmaculada Concepción, coñecida popularmente coma "Os Picos". Foi moi querido polos fregueses e deu acubillo no templo as asembleas de traballadores na etapa final do franquismo, o que fixo que fora vixiado pola policía da época.

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

En 1993 déuselle o seu nome á segunda travesía da rúa de Toledo da cidade de Vigo, detrás da igrexa da Inmaculada Concepción.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]