Asalto do bou Eva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O asalto do bou Eva foi un dos episodios máis tráxicos da represión franquista en Galiza. O 23 de abril de 1937 oito homes e unha muller (casada dende pouco cun deles) dispoñíanse a escapar a Francia por mar dende o porto de Vigo.

Pasaxeiros[editar | editar a fonte]

Os pasaxeiros, de distinta orientación política, eran os galeguistas José Losada Castelao e Manuel Rodríguez Castelao (curmáns de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao), os socialistas Manuel Martínez Moroño, José Rodríguez Lorenzo e Fernando Rodríguez Lorenzo, e os comunistas Luís Álvarez González, Camilo Campos Méndez e o matrimonio Carmen Miguel Agra e Anxo Nogueira Nogueira.

Perfís[editar | editar a fonte]

  • José Losada Castelao, nado en Rianxo e de profesión mestre. Afiliado ó Partido Galeguista, curmán de Castelao. Suicidouse con 45 anos.[1]
  • Manuel Rodríguez Castelao, nado en Rianxo e de profesión mestre. Curmán de Castelao. Suicidouse con 31 anos.[2]
  • Manuel Martínez Moroño, nado en Vigo e de profesión mariñeiro. Suicidouse con 44 anos.[3]
  • José Rodríguez Lorenzo, natural de Sárdoma, Vigo, e de profesión albanel. Suicidouse con 30 anos.[4]
  • Fernando Rodríguez Lorenzo, nado en Vigo e de profesión albanel. Suicidouse con 37 anos.[5]
  • Luis Álvarez González, nado en Becerreá mais residente en Vigo, era obreiro naval en Barreras. Suicidouse con 30 anos.[6]
  • Camilo Campos Méndez, nado en Celanova mais residente en Vigo, era barbeiro. Suicidouse con 33 anos.[7]
  • Carmen Miguel Agra, nada en Vigo, de profesión ama de casa. Suicidouse con 24 anos.[8]
  • Anxo Nogueira Nogueira, nado en Vigo e afiliado á UXT. Suicidouse con 30 anos.[9]

Historia[editar | editar a fonte]

Tras seren delatados, posiblemente por un tripulante, os falanxistas asaltaron o barco. Arrimaron un barco alxibe do porto e asolagaron a bodega do bou, primeiro con auga fría e despois con auga quente. Mais os tripulantes non saíron, decidiron pór fin á súa vida de maneira colectiva antes de entregárense ós falanxistas.

Este suceso foi omitido polo réxime de Francisco Franco, e nulamente difundido durante a Transición española.

Segundo Xesús Alonso Montero, presidente do Foro pola Memoria:

"Un suicidio colectivo coma o do bou Eva non sucedeu en ningún outro lugar durante a Guerra Civil [...] se este país estivese normalizado, a historia do bou Eva estaría reflectida xa en películas, en libros ou no teatro".

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]