Urania Mella
| Urania Mella | |||
|---|---|---|---|
|
|
|||
| {{{cargoexecutivo1}}} | |||
| Período: | {{{periodo1}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor1}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor1}}} | ||
| Chanceler: | {{{chanceler1}}} | ||
| {{{cargoexecutivo2}}} | |||
| Período: | {{{periodo2}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor2}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor2}}} | ||
| {{{cargoexecutivo3}}} | |||
| Período: | {{{periodo3}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor3}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor3}}} | ||
| {{{cargoexecutivo4}}} | |||
| Período: | {{{periodo4}}} | ||
| Antecesor: | {{{antecesor4}}} | ||
| Sucesor: | {{{sucesor4}}} | ||
| Datos persoais | |||
| Nacemento: | 15 de novembro de 1899 | ||
| Lugar: | Vigo, |
||
| Falecemento: | 26 de maio de 1945 | ||
| Lugar: | Lugo, |
||
| Organización: | Unión de Mulleres Antifascistas | ||
| Afiliacións: | {{{afiliacións}}} | ||
| Cónxuxe: | {{{cónxuxe}}} | ||
| Parella: | {{{parella}}} | ||
| Fillos: | {{{fillos}}} | ||
| Residencia: | {{{residencia}}} | ||
| Cargo(s): | Presidenta da UMA | ||
| Alma mater: | {{{almamater}}} | ||
| Profesión: | Política e mestre | ||
| Relixión: | {{{relixión}}} | ||
| Sinatura: | {{{sinatura}}} | ||
| Sitio web: | {{{web}}} | ||
Urania Mella Serrano, nada en Vigo no 15 de novembro do 1899 e finada en Lugo no 26 de maio do 1945, foi unha política galega e precursora do asociacionismo feminino. Filla do pensador anarquista Ricardo Mella Cea e mais de Esperanza Serrano, a súa vez filla de Juan Serrano Oteiza, coñecido anarquista madrileño e fundador da Revista Social, foi presidenta da sección viguesa da Unión de Mulleres Antifascistas, así como membro do Socorro Rojo Internacional.
Índice |
Traxectoria [editar]
Muller moi culta e comprometida socialmente, foi mestra de piano e estudou Belas Artes na Escola de Artes e Oficios de Vigo. Dende moi nova adicou a súa vida a defensa da muller, comezando a ensinar a ler ás mulleres do barrio de Lavadores, para continuar logo dende a UMA.
Tras o golpe de estado de 1936 intentou defender o barrio, xunto co seu home Humberto Solleiro Rivera, para logo fuxir cara a Redondela, onde foron detidos. Foi condenada á morte en Consello de Guerra, mais logo foille conmutada a condena pola de trinta anos; non así a do seu home, que foi fusilado. Xa viúva e deixando en Vigo catro fillos, foi encadeada no penal de Santurrarán, Guipúscoa, onde pasou mais de 9 anos. Ao quedar libre marchou co seu fillo Raúl a vivir a Lugo, no lar de María Gómez, onde ficou ata a súa morte.
O concello de Vigo decidiu no pleno do 31 de marzo de 2008 dedicarlle unha rúa da cidade.[1] e o Ministerio de Fomento deulle o seu nome ao buque anticontaminación que foi botado no outubro do 2008[2]. Este último acto non foi alleo á polémica, ao non seren invitados os achegados[3][4].
Sobor da vida das mulleres encarceadas na cadea de Santurrarán foi presentado no Festival de cine de San Sebastián do 2010, o documental de Txaber Larreategi e Josu Martínez Prohibido recordar que protagonizan as fillas da política galega Alicia e Conchita.[5]
A 15 de decembro de 2010 e en cumprimento da lei 52/2007 do 26 de decembro, mediante a cal a Democracia española honra a quen padeceron inxusta persecución durante o golpe de estado de 1936 e a ditadura posterior, o ministro Francisco Caamaño Domínguez expediu a Declaración de reparación e recoñecemento persoal ao seu favor, en virtude do ordenado no parágrafo 1, artigo 4 da citada lei.
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Biografía en Cultura Galega, a web do Consello da Cultura Galega
- Fragmentos da causa militar seguida contra Urania Mella e Humberto Solleiro