Ramón Otero Túñez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRamón Otero Túñez
Biografía
Nacemento23 de xuño de 1925
Santiago de Compostela
Morte9 de febreiro de 2010 (84 anos)
Santiago de Compostela
Catedrático de universidade
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeespañola
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónHistoriador da arte, catedrático de universidade
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 49562

Ramón Otero Túñez, nado en Santiago de Compostela o 23 de xuño de 1925,[1] e finado na mesma cidade o 9 de febreiro de 2010,[2] foi un historiador da arte e catedrático de universidade galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formación[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Filosofía e Letras, con premio extraordinario, na Universidade de Santiago de Compostela en 1946, e iniciou a especialidade de Historia da Arte baixo a dirección de Calixto García Seoane, doutorándose en 1950 na Universidade Central de Madrid coa tese "La imaginería en Santiago de Compostela", dirixida por Francisco Javier Sánchez Cantón.[1]

Foi pensionado polo Ministerio de Educación Nacional para ampliar estudos nos Países Baixos (1952) e Italia (1954) e completou a súa formación con viaxes de estudo por todas as rexións españolas, Francia, Portugal e Israel.[1]

Labor docente[editar | editar a fonte]

En 1949 gañou por oposición a praza de profesor adxunto de Historia da Arte da Universidade de Santiago, cargo que logo desempeñou na Universidade de Madrid, ao lado de Sánchez Cantón. Tamén exerceu a docencia en Norteamérica (1962-1963). Neste último ano obtivo o número un nas oposicións a cátedras de Historia da Arte, exercendo durante un curso na Universidade de Murcia, trasladándose no curso seguinte á de Santiago, na que permaneceu até a súa xubilación.[1]

Cargos desempeñados[editar | editar a fonte]

Na Universidade de Santiago[editar | editar a fonte]

Otero Túñez foi director do Departamento de Historia da Arte da Universidade desde a súa constitución en 1967, secretario do Secretariado de Publicacións da Universidade (1953-1960), decano da Facultade de Filosofía e Letras (1967-1974), e primeiro decano da nova Facultade de Xeografía e Historia (1975-1980).[1]

Outros cargos[editar | editar a fonte]

Foi colaborador do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, do CSIC, e secretario do Centro de Estudo Xacobeos, entidade dependente da Arquidiocese de Santiago, e incorporado ao Patronato Marcelino Menéndez Pelayo do CSIC.[1] [3]

Labor de investigación[editar | editar a fonte]

Con Ramón Yzquierdo Perrín investigou o Coro pétreo do mestre Mateu da nave maior da Catedral de Santiago de Compostela, traballo que permitiu a reconstrución da maior parte do cadeirado alto nunha nova sala do Museo catedralicio, tarefa que se desenvolveu en varios anos.[2][4]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Otero Túñez foi membro correspondente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando, da Real Academia de Belas Artes de Santa Isabel de Hungría de Sevilla e da Academia Nacional de Belas-Artes de Lisboa,[1] e membro de número da sección de escultura da Real Academia Galega de Belas Artes.[5]

En 1974, Ramón Otero Túñez foi galardoado coa medalla de ouro da Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago.[1]

Con motivo da súa xubilación publicáronse dous libros na súa homenaxe:

Obras[editar | editar a fonte]

Otero Túñez publicou catorce artigos en revistas, trinta e cinco artigos en obras colectivas, e sete libros, ademais de dirixir sete teses de doutorammento.[6]

Libros[editar | editar a fonte]

  • Arte barroco italiano. Santiago, 1952. (Reed. 1964).
  • El escultor Ferreiro (1738-1830). Santiago, 1957.
  • El escultor Francisco Asorey. Santiago, 1959.
  • La Catedral de Santiago de Compostela. La Edad Contemporánea, 1977.
  • Plástiaca gallega. Entre dos siglos: Tres generaciones en la pintura gallega. Vigo, 1981.
  • El "Legado" artístico de la Compañía de Jesús a la Universidad de Santiago. Santiago, 1986.
  • El coro del maestro Mateo. (Con Ramón Yzquierdo Perrín). A Coruña, 1990.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]