José Elduayen
José Elduayen Gorriti, nado en Madrid o 22 de xuño de 1823 e finado na mesma cidade o 24 de xuño de 1898, foi un enxeñeiro e político español, ministro de Facenda durante o reinado de Amadeo I, ministro de Ultramar e ministro de Estado durante o reinado de Afonso XII e novamente ministro de Estado e ministro de Gobernación durante a rexencia de María Cristina de Habsburgo-Lorena.
Índice |
Traxectoria [editar]
Logo de obter a licenciatura en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos en 1844, dirixe as obras do Ferrocarril de Langreo que se converteu na terceira liña férrea inaugurada en España e a primeira con proxecto enteiramente español. Neses anos comezaba a súa carreira na función pública, como responsable de Obras Públicas en Xixón. En 1855 trasladouse a Vigo. Participou na creación da Compañía Medina-Zamora-Ourense-Vigo (MZOV), asumindo desde 1865 o control total da empresa. Con base no negocio ferroviario creou unha ampla rede clientelar na provincia de Pontevedra[1].
Casou en primeiras nupcias coa filla de Francisco Javier Martínez Enríquez, marqués de Valladares, e foi pai de Ángel Elduayen Mathet. En segundas nupcias casou con Purificación Fontán Pérez-Palma y Marcó del Pont, neta de Buenaventura Marcó del Pont e filla de Ventura Fontán y Marcó del Pont, Administrador-Director do Real Sitio de El Buen Retiro e da súa fábrica de porcelana, marquesa do Pazo de la Merced.
Marqués do Pazo de la Merced desde 1875, militou no Partido Conservador co que concorreu á eleccións de 1857 obtendo un escano no Congreso por Vigo. Nas sucesivas eleccións celebradas ata 1879 volverá a obter o escano por este distrito con excepción das eleccións de 1867 e nas de 1871, 1872 e 1873 cando foi deputado polo distrito da Cañiza. En 1878 pasou ao Senado como senador vitalicio chegando a presidir a Cámara Alta entre 1896 e 1898.
Foi ministro de Facenda entre o 26 de maio e o 13 de xuño de 1872 en un goberno que presidiu Francisco Serrano Domínguez, ministro de Ultramar en dúas ocasións: entre el 12 de febreiro de 1878 e o 7 de marzo de 1879, e entre o 9 de decembro de 1879 e o 19 de marzo de 1880 en gobernos Cánovas destacando nesta segunda etapa a promulgación de la Lei de Abolición da escravitude en España que poñía fin ás prácticas escravistas aínda vixentes en Cuba. Posteriormente foi ministro de Estado en tres ocasións: entre o 19 de marzo de 1880 e o 8 de febreiro de 1881, entre o 18 de xaneiro de 1884 e o 27 de novembro de 1885, e entre el 19 de xaneiro e o 5 de marzo de 1896 en todas baixo a presidencia de Antonio Cánovas. Finalmente, entre o 23 de novembro de 1891 e o 25 de xuño de 1892 foi ministro de Gobernación noutro gabinete Cánovas.
Tamén foi gobernador civil de Madrid e gobernador do Banco de España entre 1877 e 1878.
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Faro de Vigo (1896). Galicia y D. José Elduayen. Vigo: Sucesores de Rivadeneyra. http://galiciana.bibliotecadegalicia.xunta.es/i18n/consulta/registro.cmd?id=4934. Consultado o 1 de xaneiro de 2013.