Diego Sarmiento de Acuña
Sarmiento
de Acuña
1er Conde de
Gondomar
Diplomático
Defensor
das letras
e Amante
de Galicia."
Diego Sarmiento de Acuña, nado en Gondomar o 1 de novembro de 1567 e finado en Haro, Logroño, o 2 de outubro de 1626, foi un nobre galego.
Índice |
Traxectoria [editar]
Era fillo de García de Sarmiento. Foi gobernador da fortaleza de Baiona en 1595, correxedor de Toro e Valladolid e notario Maior de Toledo.
Trato coa coroa española [editar]
Entre 1613 e 1618, e entre 1620 e 1622, foi embaixador de Filipe III (e trala súa morte, do seu fillo Filipe IV) en Inglaterra. Neste labor gañouse a amizade do rei Xacobe I, propiciando para a Coroa española importantes acordos e estables equilibrios internacionais.
En 1616 defendeu o Val Miñor dos ataques do corsario Francis Drake, polo cal foi nomeado Conde de Gondomar polo rei Filipe III o 12 de xuño de 1617, co respaldo do Consello de Estado.
Posicionamentos verbo do Reino de Galicia [editar]
Foi membro deste consello dende 1623. Foi nomeado Gobernador-Capitán xeneral do Reino de Galicia en 1625.
Defendeu para o Reino de Galicia o voto nas Cortes de Castela. Esta reclamación conseguiuse en 1622 grazas ao seu labor persuasivo ante Filipe IV. Deseñou políticas de defensa militar fronte aos ataques que sofría o litoral galego. Os proxectos tiñan unha dobre vertente: fortificación de determinados puntos e construción dunha escuadra pola Xunta do Reino de Galicia. Os cen mil ducados que se dedicaron a pagar a devolución do voto en Cortes investíronse nesta frota. Deixou especial pegada en Baiona.
Galego de dimensión internacional, sempre arelou manter os seus vencellos con Galicia; nunha carta de 1622 escribe: no ay jardines ni florestas en Inglaterra, como los robles y castaños de Gondomar.
Del consérvanse máis de 15.000 cartas, que nos permiten coñecer os recunchos da diplomacia e as relacións políticas e sociais da época. Tamén se conservan unha cartas dirixidas ao conde de Gondomar, por parte dun sobriño del, escritas en lingua galega, xa que sabía que o conde tiña en estima tal lingua. Así mesmo, consérvase tamén en galego unha carta que Beatriz da Serra lle escribiu a Diego Sarmiento no ano 1603.
|
De enpregarme en causas de seu serviço con muyta certeça que ninguen con tanta vontade como eu aservirá, que en miña conciança que, quando eu non tibera a obrigaçon que o mundo save pola nobreça que en Vmd ("vosa mercede") coñeço o fijera A esos meus señores seus fillos de Vmd e primos meus ueyjo infinitas ueçes as mans e deus os faga en todo seus fillos de Vmd e de miña senara Dona Costança. A quens garde noso señor como eu seu criado desejo. Çamora, oje, sabado. Seu sobriño de Vmd. Don Juan de Lanços y de Andrade'
— Ano 1598. Carta en galego remitida a Diego Sarmiento de Acuña
|
Galería de imaxes [editar]
-
Retrato.[1]
-
"Casa del Sol", Valladolid.
Notas [editar]
- ↑ No libro "Retratos de Españoles ilustres, con un epítome de sus vidas, en la Imprenta Real de Madrid, siendo su regente D. Lázaro Gayguer, 1791."
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- FRANCISCO FIDEL MASEDA, Galego de lei. Don Diego Sarmiento de Acuña, I Conde de Gondomar, 2011, Biblos, ISBN 978-84-15086-13-0.