Eugenio González de Haz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Non confundir con Eugenio González de Haz y Vizcaíno (fillo deste) ou Eugenio González de Haz y Díaz-Castroverde (neto deste).
Infotaula de personaEugenio González de Haz
Biografía
Nacemento28 de maio de 1904 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de febreiro de 1999 Editar o valor em Wikidata (94 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJosefa (Pepita) Vizcaíno Coloma
FillosEugenio González de Haz y Vizcaíno Editar o valor em Wikidata

Eugenio González de Haz, nado en Vigo o 28 de maio de 1904 e finado o 1 de febreiro de 1999, foi un empresario da radio e o cinema galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Eugenio e Carmen, quedou orfo de nai cando tiña uns meses de idade. Criouno a súa madriña, Joaquina Quiroga. Estudou no Colexio Cluny e no Colexio do Pilar. En 1939 mercou a Santiago Montenegro e Emilio Torrado a emisora EAJ 48 Radio Vigo. Ese mesmo ano casou con Pepita Vizcaíno Coloma. Durante un tempo foi propietario tamén do Diario de Pontevedra. En setembro de 1957 Radio Vigo integrouse na Cadena SER. En 1973 cedeu a dirección da emisora ao seu fillo Eugenio González de Haz y Vizcaíno.[1]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Medalla de Ouro de Vigo.
  • Medalla de Prata de Vigo.
  • O Concello dedicoulle os Xardins diante da Comandancia de Marina na zona do Areal de Vigo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Torres Carbajo, Fernando (24/7/2015). "Eugenio González de Haz, pionero de la radiodifusión" vigoe.es

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]