Desiderio Pernas
Desiderio Pernas Martínez, nado en Vigo o 26 de marzo de 1930 e finado na mesma cidade o 19 de xaneiro de 1996, foi un arquitecto galego recoñecido internacionalmente e artífice da introdución da nova linguaxe moderna en Vigo. Ademais da súa obra como arquitecto sentiu unha gran paixón pola pintura e a música, feito que se vería reflectido na súa obra.
Índice |
Traxectoria [editar]
Pernas naceu nunha familia vinculada ao mundo da construción feito que o levou a estudar na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid unha vez rematados os estudos de secundaria na cidade olívica.
En 1956 obtivo unha bolsa IASTE e trasladouse a Holanda, onde traballou no departamento de Construción de escolas municipais na Haia e seguiu un curso de acústica na televisión de Delly. Ao ano seguinte consegue outra bolsa IASTE, esta para Inglaterra, onde colaborou na construción dun novo centro de televisión para a BBC preto de Londres.
Obtivo o título de arquitecto aos 28 anos, obtendo ao rematar a carreira a prestixiosa bolsa Fullbright e trasladouse a Chicago á Escola de Arquitectura do ITT, onde foi alumno de Mies van der Rohe e recibiu cursos de especialización.
En 1963, estableceu o seu estudo de arquitectura en Vigo. Nese mesmo ano gañou o concurso de arquitecto escolar. Así, construíu escolas públicas ata 1972. En 1964 conseguiu o doutorado. No seu estudo de Vigo formáronse e colaboran outros arquitectos como José Herrero, Luis Manso, José M. Quintero, Pedro López,...
En 1988 recibiu o Premio Dragados y Construcciones pola rehabilitación do Teatro García Barbón.
Faleceu o 19 de xaneiro de 1996 aos 66 anos de idade.
Pernas e os seus contemporáneos (Bar Boo, Alberto Baltar, Pérez Bellas, Tomás Pérez-Lorente,...) conseguiron introducir a linguaxe da arquitectura internacional en Vigo e foron os principais representantes do movemento moderno que significou un novo soplo de aire fresco na cidade.