Emilio Martínez Garrido
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Emilio Martínez Garrido, nado en Lavadores en 1886 e fusilado o 27 de agosto de 1936, foi un industrial e alcalde de Vigo. Gañou as eleccións municipais durante o período da Segunda República Española polo partido do PSOE e presidiu Vigo nun momento de desenvolvemento económico.
En xullo de 1936, co comezo da Guerra Civil Española, en Vigo formouse un Comité del Frente Popular, coa participación de concelleiros, alcalde e deputados, cando o goberno republicano central chamou á formación de comités permanentes para facer fronte á crise.
Reunidos no concello de Vigo, o Comité tentou manter a estabilidade na cidade. Cando o oficial ó mando da Garda de Asalto ofreceu ós seus homes para defender o concello e armar voluntarios, o alcalde negouse rotundamente, aducindo que o comandante militar déralles a súa palabra de lealdade; cando os responsables da Confederación Nacional do Traballo en Vigo (un importante núcleo obreiro naquela época) ofrecéronse ó Comite para defender a cidade ante o golpe militar inminente e pediron armas, o alcalde expulsounos do concello e ameazounos con facelos deter pola policía dado que seguía confiando na palabra do comandante militar.
Ó día seguinte, 20 de xullo, os oficiais militares sublevaron e na Porta do Sol de Vigo dispararon contra a multitude que se manifestaba a favor da Segunda República. O Comité da Fronte Popular dirixido polo alcalde, foi detido e tras un xuízo militar, Emilio Martínez foi fusilado o 27 de agosto de 1936.
| Predecesor: Amando Garra |
Alcalde de Vigo 1932 - 1934 |
Sucesor: ? |
| Predecesor: ? |
Alcalde de Vigo 1936 - 1936 |
Sucesor: José Giménez García |