Portland, Oregón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Portland and Mt Hood.jpg

Portland é a maior cidade do estado de Oregón no noroeste dos Estados Unidos. Situada á beira do río Willamette na súa confluencia co Columbia, é un importante porto fluvial, centro comercial, industrial e de servizos. Conta cunha pobación de seu de 583.776 habitantes (censo de 2010) cunha área metropolitana de máis de dous millóns.

En terras ocupadas por séculos polos indios chinook e coñecida dos colonos, comerciantes e trampeiros brancos dende 1829 coma The Clearing (unha pequena parada na ruta do noroeste pola costa) foi fundada entre 1843 e 1845 polos pioneiros W. Overton, A. Lovejoy e F.W. Pettygrove, Este último natural de Portland (Maine) no outro extremo do país, e por quen foi nomeada.

Creceu coma centro de fornecemento dos buscadores de ouro durante as febres de California (1850) e Alasca (1890). O ferrocarril transcontinental, que a partires de 1880 a conectaba co leste dos Estados Unidos, favoreceu a súa industrialización.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Portland, Oregón Modificar a ligazón no Wikidata