José María Calatrava
José María Calatrava, nado en Mérida en 1781 e finado en Madrid en 1846. Político e xurista español.
Participou en contra da ocupación francesa dende a Xunta Suprema de Estremadura, onde foi elixido deputado en 1810 e participou nas Cortes de Cádiz. Tras a restauración absolutista foi preso e encarcerado en Melilla, até que foi liberado pola chegada dos liberais ao poder, sendo nomeado Maxistrado do Tribunal Supremo, e dende 1822 até 1823, Ministro de Xustiza. Ao fin do Trienio liberal tivo que exiliarse a Inglaterra xunto co seu irmán Ramón María Calatrava. Coa morte de Fernando VII e a chegada á rexencia de María Cristina regresa a España, onde tras o Motín da Granja de San Ildefonso, é nomeado Presidente do Consello de Ministros, encargándolle a carteira de Facenda a Mendizábal para que completara a reforma da facenda pública.
| Reinado de Isabel II de España | ||
|---|---|---|
Segue a: Francisco Javier de Istúriz |
José María Calatrava | Precede a: Baldomero Espartero |
| Presidente do Goberno de España | ||
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cunha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outras biografías que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |