Ana, nai de María
| Santa Ana | |
|---|---|
| Santa Ana e a Virxe co neno Xesús (pintura de Leonardo da Vinci) | |
| Nai da Santísima Virxe María | |
| Venerado en | Igrexa Católica, Igrexa Ortodoxa, Comuñón Anglicana, Islam |
| Canonización | Anterior á Congregación |
| Festividade | 26 de xullo |
| Atributos | Libro, porta, con María, Xesús ou Xoaquín |
| Patrón/a de | Avós, nais, mulleres sen fillos, mulleres traballadoras. Québec, Bretaña. |
Santa Ana (do hebreo Hannah, חַנָּה, que significa "graza"), descendente de David, foi a nai da Virxe María e avoa de Xesús Cristo segundo a tradición cristiá e islámica. O seu nome non aparece nos Evanxeos canónicos ou no Corán.
[editar] Tradición
Segundo os Evanxeos apócrifos de Santiago e Pseudo-Mateo, un anxo visitou a Ana e o seu home, Xoaquín, despois de anos de infertilidade, para lles anunciar que ían concibir un fillo. Ana prometeu dedicar o meniño ao servizo de Deus. Xoaquín e Ana levaron a María a vivir ao templo cando María tiña tres anos.
A historia non foi aceptada pola Igrexa de Occidente ata o século XIII, mentres entre a Igrexa Ortodoxa o culto a Santa Ana data do século VI. Nos séculos XIV e XV existía a crenza do nacemento virxinal de Ana, denegada como erro polo Vaticano en 1677.
Santa Ana é a patroa de Québec e Bretaña, e das mulleres traballadoras e mineiros, e dos concellos galegos de Carballedo, Cedeira, Cortegada, A Lama, Monterrei, Oímbra, Petín e O Rosal. Santa Ana é titular de tres parroquias galegas