Rafael Portanet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRafael Portanet

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de marzo de 1908 Editar o valor em Wikidata
Cangas, España Editar o valor em Wikidata
Morte5 de maio de 1988 Editar o valor em Wikidata (80 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Deputado no Congreso dos Deputados
21 de marzo de 1979 – 31 de agosto de 1982

Circunscrición electoral: Pontevedra

Procurador en Cortes
6 de novembro de 1967 – 12 de novembro de 1971
Procurador en Cortes
27 de abril de 1965 – 15 de novembro de 1967
← José Ramón Fontán
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , empresario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJosefina Cabello.
FillosCinco
Premios
Placa co seu nome nun lavadoiro na Oliveira (Teis).

Rafael Jesús Portanet Suárez, nado en Cangas o 6 de marzo de 1908 e finado en Vigo o 5 de maio de 1988,[1] foi un empresario e político galego, alcalde de Vigo durante o franquismo dende 1964 ata 1970.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De familia de tradición empresarial e xenro de Eduardo Cabello (enxeñeiro artífice do porto de Vigo), iniciou a súa andaina profesional no sector do peixe e as conservas. Delegado do Estado na Zona Franca durante 37 anos, atribúeselle gran parte do mérito da chegada da factoría PSA Citroën ás súas instalacións.

Remodelou e profesionalizou a Caixa de Aforros Municipal de Vigo como presidente da mesma. Como alcalde de Vigo promoveu a modernización da cidade (apertura da rúa Venezuela, desenvolvemento do polígono de Coia, mellora da iluminación da cidade, remodelación do parque da Guía, do Castro e parque de Castrelos, mellora do Museo Quiñones de León, instalación de parques infantís na cidade, auga ó rural, Escola de Artes e Oficios), cunha xestión eficaz e ás veces controvertida. Durante o seu mandato, no cambio de ano de 1967 a 1968, os tranvías eléctricos que había na cidade (dende 1914) foron substituídos por autobuses.

Nas eleccións xerais de 1979 foi elixido deputado polo grupo Coalición Democrática, e viviu o golpe de estado do 23 de febreiro de 1981 no Congreso dos Deputados.

Predecesor:
José Ramón Fontán González

Alcalde de Vigo

1964-1970
Sucesor:
Antonio Ramilo Fernández-Areal

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Recibe o recoñecemento a súa xestión co nomeamento da Avenida Alcalde Portanet.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Faro de Vigo, 7/5/1988, p. 1, 8.
  2. "Dimite el alcalde de Vigo", artigo en La Vanguardia Española o 26 de marzo de 1970 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]