Nicolás Taboada Leal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nicolás Taboada Leal
Nicolás Taboada Leal
Taboada Leal.
Nacemento: 1798.
Viveiro.
Falecemento: 4 de decembro de 1883.
Vigo.
Nacionalidade: Galega.
Ocupación: Médico.
Fillo(s): Nicolás Taboada Fernández.

Nicolás Taboada Leal, nado en Viveiro en 1798 e finado en Vigo o 4 de decembro de 1883 foi un médico, primeiro cronista oficial da cidade de Vigo.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Medicina e Cirurxía na Universidade de Santiago de Compostela e foi o primeiro médico que diagnosticou un caso de cólera en España e un dos impulsores, xunto con Velázquez Moreno, da instalación dun lazareto na illa de San Simón, na Ría de Vigo.[2]

El ayuntamiento ha acordado el traslado de los restos del historiador vigués D. Nicolás Taboada Leal y del filántropo D. Norberto Velázquez Moreno, desde el cementerio viejo, al panteón de la nueva Necrópolis, destinado a guardar los restos de vigueses ilustres. ABC.[3]

O seu fillo, Nicolás Taboada Fernández (1856-1899), poeta e periodista, foi tamén cronista da cidade.

Placa da rúa adicada en Vigo.

O 3 de abril de 1909 o concello deulle o seu nome a unha rúa da cidade.[4]

Íntegro en pdf: Descripción topográfico-histórica de la ciudad de Vigo, su ría y alrededores.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Canto épico al exaltado patriotismo.[5]
  • Descripción topográfico-histórica de la ciudad de Vigo, su ría y alrededores, 1840.
  • Informe sobre el cólera-morbo asiático, 1848.[6]
  • Hidrología médica de Galicia: ó sea noticia de las aguas minero-medicinales de las cuatro provincias de este antiguo reino, 1877.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nicolás Taboada Leal

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]