Antonio Sanjurjo Badía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Antonio Sanjurjo Badía, coñecido polo alcume Habilidades, nado en Sada en 1837 e finado en Vigo en 1919, foi un inventor galego.

Índice

[editar] Traxectoria

Fillo do propietario dun taller e unha reloxaría e membro dunha familia de once irmáns, emigrou sendo un mozo, aos 16 anos, para Cuba, para despois de cinco anos regresar a Vigo e estabelecer o seu propio obradoiro e mais tarde comezar cun negocio relacionado cos estaleiros, basado na construción de máquinas e caldeiras de vapor, entre outras cousas. Ademais destas innovacións no ámbito da técnica, tamén crea nas súas fábricas unha irmandade de traballadores onde outorga aos seus traballadores un seguro de enfermidade, un salario vitalicio tras a xubilación e descanso os domingos[Cómpre referencia].

[editar] Primeiro submarino galego

O 11 de agosto de 1898, en Vigo, Antonio Sanjurjo proba un enxeño submarino da súa invención, ao que deu en chamar boia submarina[1], en presenza do gobernador militar. A proba é satisfactoria, o aparello aguanta unha hora e media mergullado e despois varios somorgullos de 45 minutos[Cómpre referencia]. A finalidade do invento era a defensa de Vigo perante un posíbel ataque da frota estadounidense daquela en guerra con España. Non obstante, ese mesmo día, o 12 de agosto, asinábase o Tratado de paz, polo que a súa utilización non foi necesaria.

[editar] Notas

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas


Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas