Enric Miralles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEnric Miralles
Biografía
Nacemento25 de febreiro de 1955 Editar o valor em Wikidata
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Morte3 de xullo de 2000 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
Sant Feliu de Codines, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de cerebro Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaIgualada Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Columbia
Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona
Universidade Politécnica de Cataluña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto , catedrático Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Harvard Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua catalá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios


Enric Miralles, nado en Barcelona o 25 de febreiro de 1955 e finado en Sant Feliu de Codines o 3 de xullo de 2000, foi un arquitecto catalán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou arquitectura en Barcelona, mudándose logo cara á Universidade de Columbia en Nova York. Comezou a súa andaina profesional no estudio de Albert Viaplana e Helio Piñon, onde permaneceu ata o ano 1983. O mesmo tempo foi mestre adxunto nas dúas universidades nas que estudara. Creou entón o seu propio estudio de Arquitectura xunto coa súa primeira muller, Carme Pinós, de onde saíron xa obras de proxección internacional.

Mercado de Santa Caterina en Barcelona.

Cando Enric casou por segunda vez, desta volta coa italiana Benedetta Tagliabue, tamén arquitecta, reorganizou o seu estudio, que pasou a chamarse EMBT, e lograron traballos moi importantes dende diferentes partes do mundo. Os dous derradeiros anos da súa vida estivo dedicado ao seu máis importante proxecto, o Parlamento de Escocia. É unha obra de pleno "estilo Miralles", respectando o lugar e as tradicións (de xeito que se pode apreciar moi claramente, por exemplo, a influencia do arquitecto escocés Charles Rennie Mackintosh na mesma), creando "tensións visuais" que varían dependendo da posición que se escolla, a luz, a hora do día etc.

Na súa vida, Enric recibiu numerosos premios, como o León de ouro da Bienal de Venecia no ano 1996. Foi mestre en numerosas universidades de prestixio, incluíndo a cátedra "Kenzō Tange" da universidade Harvard, que ocupou dende 1992.

Morreu prematuramente os 45 anos de idade, e non puido rematar moitísimas das súas obras, incluíndo o Parlamento Escocés ou o edificio de Gas Natural en Barcelona.

A súa muller, Benedetta, mantén o estudio EMBT funcionando, e está a rematar as obras deseñadas por Enric, seguindo as súas ideas, á parte de gañar outros concursos sempre co estilo que tiña o arquitecto catalán.

Obras[editar | editar a fonte]

Edificio Miralles no campus das Lagoas-Marcosende da Universidade de Vigo.

Algunhas das súas obras máis relevantes foron: