Asados, Rianxo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asados
Igrexa de Santa María de Asados.jpg
Igrexa de Santa María de Asados.
Concello Rianxo
Área 18 km²
Poboación (Ano 2007) 1.496 hab.
Densidade - hab./km²
Entidades de poboación 17

Santa María de Asados é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Rianxo. Segundo o padrón municipal de 2007 tiña 1.496 habitantes (715 homes e 781 mulleres) distribuídos en 17 entidades de poboación (aldeas). A poboación sofre un progresivo descenso, desde os 1.698 habitantes do ano 1999 e 1.554 habitantes do ano 2004.

Índice

[editar] Historia

No lugar da Mámoa naceu o pai franciscano Frei Luís Iglesias González (8 de maio de 1767 - Madrid, 1835), confesor da Raíña e catedrático da Universidade de Santiago.

Nesta parroquia morreu, de tuberculose, o poeta Manuel Antonio (28 de xaneiro de 1930).

[editar] Patrimonio

Na parroquia de Asados atópase unha necrópole megalítica composta por máis de 20 túmulos. Atopáronse nela diferentes restos de interese: machadas de pedra pulida, puntas de frecha de sílex e distintas pezas de cerámica.

Tamén existen varios xacementos con petróglifos. Entre eles, o das Barras, no alto do Pelotiño, con oito estacións nas que se poden observar círculos, cazoletas e figuras cadriculadas.

[editar] Asados na cultura popular galega

  • A aldeia da Atalaia/ rodeada de loureiros/ non a pasean casados/ que a pasean solteiros.
  • En Somoza nace o sol,/ na Marquesa nace a lúa,/ na aldea da Atalaia/ nace a estrela da fortuna. [1]

[editar] Galería de imaxes

[editar] Lugares e parroquias

[editar] Lugares de Asados

Lugares da parroquia de Asados no concello de Rianxo (A Coruña)

Asadelos | A Atalaia | Burés | A Castiñeiriña | A Devesa | O Laxido | Lustres | A Mámoa | A Marquesa | Monte Grande | Outeiro | A Revolta | A Santa Lucía | Somoza | Suigrexa | Vilanustre | Vilas

[editar] Parroquias de Rianxo

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Rianxo

O Araño (Santa Baia) | Asados (Santa María) | Isorna (Santa María) | Leiro (Santa María) | Rianxo (Santa Comba) | Taragoña (San Salvador)

[editar] Notas

  1. Somoza, A Marquesa e A Atalaia son tres lugares da parroquia de Santa María de Asados.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

[editar] Bibliografía

  • BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204.
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas