Abanqueiro, Boiro
| Abanqueiro | |
|---|---|
| Centro social de Abanqueiro. | |
| Concello | Boiro |
| Área | - km² |
| Poboación | (Ano 2011) 1.745 hab. |
| Densidade | - hab./km² |
| Entidades de poboación | 12 |
San Cristovo de Abanqueiro é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Boiro na comarca do Barbanza. Segundo o IGE en 2011 tiña 1.745 habitantes (888 mulleres e 857 homes) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.877 habitantes.
Índice |
[editar] Etimoloxía
A etimoloxía da palabra Abanqueiro non ten que ver co seu significado de fervenza como recolle a RAG. A hipótese máis aceptada é que deriva de "banco de ostras" debido á abundancia deste marisco no litoral abanqueirés. Desgraciadamente agora é case imposible atopalas debido á recolección masiva.
[editar] Xeografía
Fundamentalmente rodeada de mar destacan as praias de Quintáns, Portomouro, A Fontenla e Mañóns, esta última recoñecida coa Bandeira Azul.
[editar] Economía
O marisqueo é unha das súas máis importantes fontes de ingreso e unha das empresas conserveiras máis importantes de España, Conservas Rianxeira, ten a súa orixe nesta parroquia.
[editar] Patrimonio
No adro da románica igrexa de San Cristovo de Abanqueiro atopáronse restos dun baldaquino en pedra coas figuras da Virxe, un anxo e San Xoán apóstolo.
[editar] Abanqueiro na cultura popular galega
- Quérenme as nenas de eiquí/ e as da banda de Leiro,/ se me collen en Rianxo/ berraranme en Abanqueiro.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Abanqueiro, Boiro.
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Abanqueiro
| Lugares da parroquia de Abanqueiro no concello coruñés de Boiro | |
|---|---|
|
Abanqueiro | Chancelas | O Chazo | Exipto | Graso | A Igrexa | A Pedra da Bouza | Portomouro | Quintáns | O Saltiño| San Martiño | Triñáns |
[editar] Parroquias de Boiro
| Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Boiro | |
|---|---|
|
Abanqueiro (San Cristovo) | Bealo (San Pedro) | Boiro (Santa Baia) | Castro (Santa María) | Cespón (San Vicenzo) | Cures (Santo André) | Lampón (Santiago) | Macenda (San Xoán) |
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- BOUZA BREY, Fermín: "Cantigas populares da Arousa", en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos III, 1929, 153-204.