Vancouver

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 49°15′N 123°06′W / 49.25°N 123.1°W / 49.25; -123.1

Vancouver
Flag of Vancouver (Canada).svg Coa Vancouver.svg
Vancouver photo montage.jpg
Situación xeográfica
Vancouver en Canada
Vancouver
Vancouver
País Flag of Canada.svg Canadá
Provincia Columbia Británica
Rexión Lower Mainland
Xeografía
Altitude 2 msnm
Superficie 114,67 km²
Poboación
Poboación 578.041 hab. (2006)
Densidade 5,335 hab./km²
Información
Código postal
Alcalde Gregor Robertson (Vision Vancouver)
Páxina web vancouver.ca

Vancouver é unha cidade do Canadá, na provincia da Columbia Británica. Localízase na costa do Pacífico, no suroeste da provincia.

Con cerca de 550 mil habitantes distribuídos en 113 quilómetros cadrados (na cidade propiamente dita) e 2,14 millóns de habitantes na súa zona metropolitana, a densidade demográfica de Vancouver é a segunda máis alta da América do Norte, só por detrás de Nova York. É un importante polo de transportes canadense, posuíndo o porto con máis movementos do Canadá e o segundo aeroporto internacional con máis movementos do país.

Un clima lene no inverno e morno no verán, alén dunha bela paisaxe natural en torno da cidade e moitos parques, praias e outros lugares de recreación, fai de Vancouver un importante polo turístico do Canadá. Vancouver é considerada por moitos como unha das mellores cidades do mundo para vivir (en numerosas investigacións, aparece en terceiro lugar, sé detrás de Xenebra e Zürich, ambas en Suíza).

A cidade foi sede dos Xogos Olímpicos de Inverno en 2010, a Copa Grey en 2005, o Campionato Mundial de Hóckey Xunior e o Fórum Urbano Mundial, os dous últimos en 2006.

Poboación e multiculturalismo[editar | editar a fonte]

Vancouver é o lar de persoas con distintas etnias e credos. De acordo co Censo de 2001, cerca do 37% da poboación son "minorías visíbeis" -- noutras palabras, persoas de orixe non europea. Ten a segunda maior Chinatown da América do Norte, detrás da de San Francisco, e diversas veciñanzas multiculturais tales como o Mercado Punxabí (the Punjabi Market), Japantown (lugar onde se concentran os inmigrantes xaponeses), Little Italy ("Pequena Italia"), Greektown (barrio dos inmigrantes gregos), e Koreatown (poboación de orixe coreana).