Gran Premio de Mónaco de 1984

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flag of Monaco.svg Gran Premio de Mónaco de 1984
Detalles da carreira
Carreira 6 de 16 no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1984.
Trazado do circuíto de Mónaco.
Trazado do circuíto de Mónaco.
Data 3 de xuño de 1984
Nome oficial XLII Gran Premio de Mónaco
Localización Circuíto de Mónaco
Monte Carlo, Principado de Mónaco
Percorrido Circuíto urbano
3´312 km
Distancia 31 voltas, 102´672 km
Clima Chuvia
Pole position
Piloto Francia Alain Prost McLaren-TAG
Tempo 1:22.661
Volta rápida
Piloto Flag of Brazil.svg Ayrton Senna Toleman-Hart
Tempo 1:54.334 na volta 24
Podio
Primeiro Francia Alain Prost McLaren-TAG
Segundo Flag of Brazil.svg Ayrton Senna Toleman-Hart
Terceiro Francia René Arnoux Ferrari

O Gran Premio de Mónaco de 1984 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 3 de xuño de 1984 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. Foi a sexta carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1984.

Informe[editar | editar a fonte]

A carreira, que tivo lugar no medio de fortes choivas, foi unha das máis polémicas na historia da Fórmula Un, e anunciou a aparición de polo menos dúas novas estrelas. Alain Prost logrou a primeira das súas catro vitorias no circuíto.[1]

Logo dunha demora por choiva de 45 minutos, (a pista estaba tan mollada que os pilotos solicitaron que os comisarios de pista mollaran a sección do túnel porque os coches serían máis difíciles de pilotar nunha superficie seca, con pneumáticos de choiva). O pole Prost liderou a carreira desde o principio, mentres un choque entre René Arnoux e Derek Warwick lanzou coche de Warwick contra o do seu seu compañeiro de equipo Patrick Tambay. Ambos os pilotos sufriron lesións nas pernas, e Tambay perdeu a seguinte carreira en Canadá.

Prost foi adiantado na novena volta por Nigel Mansell, que lideraba un Gran Premio por primeira vez, Mansell abría dous segundos de vantaxe por volta, pero cinco voltas mais tarde un de seus pneumáticos pasou sobre unha liña branca pintada e derrapou na Curva do Casino, danando o seu coche e retirándose da carreira.

Prost asumiu o liderado de novo, pero Ayrton Senna, quen, na súa primeira carreira nun circuíto urbano[2] na sua primeira tempada na Fórmula Un nun pouco competitivo coche Toleman, alcanzouno rapidamente, a pesar de comezar a carreira décimo terceiro. Na volta 29, Prost fixo acenos aos comisarios da carreira para indicar que a carreira debía ser detida. Fixo un novo xesto na volta 31 cando pasou a liña de chegada. A bandeira vermella para deter a carreira móstrase na parte final da volta 32 logo de que o director de carreira Jacky Ickx decidiu que as condicións eran demasiado perigosas para seguir a carreira. Senna pasou ao McLaren de Prost antes da liña de meta, pero de acordo ás regras, as posicións que contan son os da última volta completada por todos os pilotos, a volta 31, momento no que Prost era aínda líder.[3] A parada foi controvertida, xa que beneficiou Prost, que levaba un motor deseñado por Porsche, e que fora ideado por Ickx, empregado de Porsche nas carreiras de autos deportivos. Ickx foi suspendido das súas funcións de control das carreiras por non consultar cos delegados a súa decisión antes de tomala.[4] A choiva non caía tan forte nese momento como o caía previamente.

Se lle permitisen continuar ata completar o 75% das voltas, lograría a totalidade dos puntos e Prost puido ter os 6 puntos do 2º lugar no canto de 4´5 puntos da vitoria, a mitade dos puntos concedidos ao non chegar a dito porcentaxe. Prost co tempo chegaría a perder o campionato con Niki Lauda por medio punto.

Senna e Mansell non foron os únicos pilotos novos en correr cerca da cabeza. Stefan Bellof, pilotando o único coche de aspiración natural da carreira, terminou terceiro. Os resultados do equipo Tyrrell foron borrados máis tarde debido ás infraccións por peso, o que significa que Bellof foi desposuído do seu podio, o seu lugar foi tomado por René Arnoux.

Esta foi a primeira vez que Ayrton Senna logrou unha volta rápida na Fórmula Un.


Clasificación[editar | editar a fonte]

Cualificación[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Tempo Diferencia
1 7 Francia Alain Prost McLaren-TAG 1:22.661
2 12 Flag of the United Kingdom.svg Nigel Mansell Lotus-Renault 1:22.752 +0.091
3 28 Francia René Arnoux Ferrari 1:22.935 +0.274
4 27 Italia Michele Alboreto Ferrari 1:22.937 +0.276
5 16 Flag of the United Kingdom.svg Derek Warwick Renault 1:23.237 +0.576
6 15 Francia Patrick Tambay Renault 1:23.414 +0.753
7 26 Italia Andrea de Cesaris Ligier-Renault 1:23.578 +0.917
8 8 Austria Niki Lauda McLaren-TAG 1:23.886 +1.225
9 1 Flag of Brazil.svg Nelson Piquet Brabham-BMW 1:23.918 +1.257
10 6 Finlandia Keke Rosberg Williams-Honda 1:24.151 +1.490
11 11 Italia Elio de Angelis Lotus-Renault 1:24.426 +1.765
12 14 Alemaña Manfred Winkelhock ATS-BMW 1:24.473 +1.812
13 19 Flag of Brazil.svg Ayrton Senna Toleman-Hart 1:25.009 +2.348
14 22 Italia Riccardo Patrese Alfa Romeo 1:25.101 +2.440
15 2 Italia Corrado Fabi Brabham-BMW 1:25.290 +2.629
16 5 Francia Jacques Laffite Williams-Honda 1:25.719 +3.058
17 25 Francia François Hesnault Ligier-Renault 1:25.815 +3.154
18 20 Flag of Venezuela.svg Johnny Cecotto Toleman-Hart 1:25.872 +3.211
19 24 Italia Piercarlo Ghinzani Osella-Alfa Romeo 1:25.877 +3.216
20 4 Alemaña Stefan Bellof Tyrrell-Ford 1:26.117 +3.456
NSC 17 Suíza Marc Surer Arrows-Ford 1:26.273 +3.612
NSC 3 Flag of the United Kingdom.svg Martin Brundle Tyrrell-Ford 1:26.773 +3.712
NSC 23 Flag of the United States.svg Eddie Cheever Alfa Romeo 1:26.471 +3.810
NSC 18 Bélxica Thierry Boutsen Arrows-BMW 1:26.514 +3.853
NSC 10 Flag of the United Kingdom.svg Jonathan Palmer RAM-Hart 1:27.458 +4.797
NSC 21 Italia Mauro Baldi Spirit-Hart 1:28.360 +5.699
NSC 9 Francia Philippe Alliot RAM-Hart 1:29.576 +6.915

Carreira[editar | editar a fonte]

Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 7 Francia Alain Prost McLaren-TAG 31 1:01:07.740 1 4´5
2 19 Flag of Brazil.svg Ayrton Senna Toleman-Hart 31 + 7.446 13 3
3 28 Francia René Arnoux Ferrari 31 + 29.077 3 2
4 6 Finlandia Keke Rosberg Williams-Honda 31 + 35.246 10 1´5
5 11 Italia Elio de Angelis Lotus-Renault 31 + 44.439 11 1
6 27 Italia Michele Alboreto Ferrari 30 + 1 volta 4 0´5
7 24 Italia Piercarlo Ghinzani Osella-Alfa Romeo 30 + 1 volta 19
8 5 Francia Jacques Laffite Williams-Honda 30 + 1 volta 16
DSC 4 Alemaña Stefan Bellof Tyrrell-Ford 31 Descualificado 20
Ret 22 Italia Riccardo Patrese Alfa Romeo 24 Erro de pilotaxe 14
Ret 8 Austria Niki Lauda McLaren-TAG 23 Trompo 8
Ret 14 Alemaña Manfred Winkelhock ATS-BMW 22 Trompo 12
Ret 12 Flag of the United Kingdom.svg Nigel Mansell Lotus-Renault 15 Trompo 2
Ret 1 Flag of Brazil.svg Nelson Piquet Brabham-BMW 14 Eléctrico 9
Ret 25 Francia François Hesnault Ligier-Renault 12 Eléctrico 17
Ret 2 Italia Corrado Fabi Brabham-BMW 9 Eléctrico 15
Ret 20 Flag of Venezuela.svg Johnny Cecotto Toleman-Hart 1 Trompo 18
Ret 16 Flag of the United Kingdom.svg Derek Warwick Renault 0 Colisión 5
Ret 15 Francia Patrick Tambay Renault 0 Colisión 6
Ret 26 Italia Andrea de Cesaris Ligier-Renault 0 Accidente 7
NSC 17 Suíza Marc Surer Arrows-Ford
NSC 3 Flag of the United Kingdom.svg Martin Brundle Tyrrell-Ford
NSC 23 Flag of the United States.svg Eddie Cheever Alfa Romeo
NSC 18 Bélxica Thierry Boutsen Arrows-BMW
NSC 10 Flag of the United Kingdom.svg Jonathan Palmer RAM-Hart
NSC 21 Italia Mauro Baldi Spirit-Hart  
NSC 9 Francia Philippe Alliot RAM-Hart

Posicións logo da carreira[editar | editar a fonte]

Clasificación no campionato de pilotos
Pos Piloto Puntos
1 Francia Alain Prost 28.5
2 Austria Niki Lauda 18
3 Francia René Arnoux 15
4 Flag of the United Kingdom.svg Derek Warwick 13
5 Italia Elio de Angelis 13
Clasificación do campionato de construtores
Pos Construtor Puntos
1 Flag of the United Kingdom.svg McLaren-TAG 46´5
2 Italia Ferrari 24´5
3 Francia Renault 21
4 Flag of the United Kingdom.svg Lotus-Renault 17
5 Flag of the United Kingdom.svg Williams-Honda 11.5
  • Notas: Só están incluidos os cinco primeiros postos da clasificación.


Carreira anterior:
Gran Premio de Francia de 1984
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA
Temporada 1984
Carreira seguinte:
Gran Premio de Canadá de 1984
Carreira anterior:
Gran Premio de Mónaco de 1983
Gran Premio de Mónaco Carreira seguinte:
Gran Premio de Mónaco de 1985

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Mónaco de 1984

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]