Bugatti Type 35

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bugatti Type 35
Bugatti Typ 35A 1925.jpg
Nome Bugatti Type 35
Construtor Bugatti
Produción 1924 - 1931
Antecesor Bugatti Type 30
Dimensións 3.680 x 1.320
Peso 750 kg
Bugatti Type 35C

O Tipo 35 foi o modelo con máis éxito dos Bugatti de carreiras. Destaca pola "finura e elegancia do seu deseño", a súa versión co radiador en forma de arco que evolucionou a partir dos Bugatti Type 13 Brescia, se convertería na marca da casa máis coñecida aínda que nas versións dos distintos Tipo 35 houbo variacións sobre o tema.

O Tipo 35 foi un éxito fenomenal, gañou máis de 1.000 carreiras no seu tempo. Logrou Campionato do Mundo de Grandes Premios en 1926 logo de gañar 351 carreiras e establecer 47 rexistros nos dous anos anteriores. No seu apoxeo, os Tipo 35 promediaron 14 vitorias por semana. Bugatti gañou a Targa Florio durante cinco anos consecutivos, desde 1925 ata 1929, co Tipo 35.

Type 35[editar | editar a fonte]

Bugatti Tipo 37 (esquerda) e 35 (dereita) vehículos no Cité de l'Automobile Museum, Mulhouse

O modelo orixinal, presentado no Gran Premio de Lión o 3 de agosto de 1924, utilizaba unha evolución do motor 3 válvulas 2.0 L (1991 cc) árbore de levas e 8 en liña visto por primeira vez no Tipo 29. Producíronse 96 unidades.

Este novo motor co veo de manivelas montado sobre coxinetes e árbore de levas en cabeza, permitiu un motor fiable que proporcionaba 6000 rpm, e 90 CV (67 kW). Utilizaba Eixe ríxidos con ballestas diante e detrás, e freo de tambor na parte posterior, accionado por cables. Os discos da roda de aliaxe foron unha novidade, para reducir o peso non suspendido. Unha segunda característica do Tipo 35, que se convertería nunha marca Bugatti era que os resortes pasaban a través do eixe dianteiro en lugar de entre os pernos en U como se facía nos seus coches anteriores.

Fíxose unha versión rara cun desprazamento total de 1´5 L (1494 cc). Hai dous destes coches raros en Nova Zelandia.

Dimensións:

  • Longo: 3680 mm
  • Largo: 1320 mm
  • Distancia entre eixes: 2400 mm
  • Track: 1200 mm
  • Peso: 750 kg
Bugatti Type 35A Grand Prix Racer 1925

Type 35A[editar | editar a fonte]

<- Esta sección está enlazada desde Bugatti ->

Unha versión menos custosa do Tipo 35 apareceu en maio de 1925. Chamado Tipo 35A na fábrica o nome foi ignorado polo público, é foi alcumado "Tecla" como un famoso fabricante de imitacións de xoiería. O motor do Tecla utilizaba tres casquillos de fricción, válvulas máis pequenas, e a bobina de encendido como o Type 30. Non só diminuíron os requisitos de mantemento, senón que tamén reduciuse a produción. Foron vendidos 139 unidades do tipo 35A.

Bugatti Type 35C Grand Prix Racer 1926

Type 35C[editar | editar a fonte]

O Tipo 35C contou cun compresor Roots, malia o desdén de Ettore Bugatti pola indución forzada. O motor daba case 128 CV (95 kW) cun só carburador Zenith. O Tipo 35C gañou o Gran Premio de Francia de 1928 e 1930. Cincuenta unidades saíron da fábrica.

Type 35T[editar | editar a fonte]

Para 1926, Bugatti presentou un modelo especial para a nova carreira Targa Florio. Chamado oficialmente Tipo 35T, pronto se fixo coñecido como o Targa Florio. O desprazamento do motor era de 2.3 L (2262 cc). Os cambios de regras nos Grandes Premios que limitaron a capacidade a 2´0 L limitaron o atractivo deste modelo con só trece producidos.

Bugatti Type 35B Grand Prix Racer 1929

Type 35B[editar | editar a fonte]

<- Esta sección está enlazada desde Bugatti ->

A versión final da serie Type 35 foi o Tipo 35B de 1927. Orixinalmente chamado Tipo 35TC, compartiu o motor 2.3 L do Tipo 35T pero engadiu un gran compresor como o tipo 35C. A potencia era de 138 cabalos de forza (102 kW), e realizáronse 45 unidades. O Tipo 35B gañou o Gran Premio de Francia de 1929.

Bugatti Type 37 Grand Prix Racer 1928
Bugatti Type 37A Grand Prix Racer 1929

Type 37[editar | editar a fonte]

<- Esta sección está enlazada desde Bugatti ->

O chasis do Type 35 e a carrozaría foron reutilizados no deportivo Tipo 37. Equipado cun novo motor de 1´5 L (1496 cc) 4 en liña, foron construídas 290 unidades do Tipo 37. Este motor era un deseño SOHC de 3 válvulas e producía 60 hp (44 kW). O mesmo motor pasou a ser utilizado no Tipo 40.

Type 37A[editar | editar a fonte]

O Tipo 37A sobrealimentado representaron 67 das unidades producidas do Tipo 37. A potencia do motor era de ata 80 - 90 CV. Tamén tiña tambores de freo máis grandes.

Type 39[editar | editar a fonte]

<- Esta sección está enlazada desde Bugatti ->

O Tipo 39 era basicamente idéntico á do Tipo 35C agás do seu motor. Este foi modificado para ser máis pequeno de 1´5 L (1493 cc) cun veo de manivelas curto. Producíronse dez unidades.

Tamén existe unha estraña versión de 1´1 L (1092 cc).

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bugatti Type 35 Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]