Rodrigo Romaní

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Rodrigo Romaní, nado en Noia é un coñecido músico galego, cunha longa traxectoria no grupo Milladoiro, profesor de música tradicional e director da orquestra folk SonDeSeu.

Índice

[editar] Traxectoria

Romaní formou parte do grupo Milladoiro durante 22 anos, e a partir do ano 2000 deixou o seu antigo grupo para publicar discos en solitario -nos que acostuma ter colaboracións-. Polo de agora, publicou dous discos: Albeida (2000) e Cantos Caucanos. É profesor de arpa no Conservatorio de Música Tradicional da Escola de Artes e Oficios de Vigo.

É un multi-instrumentalista (harpista excelente, tamén toca guitarras, bouzouki e ocarina), ademais de ser un notable vocalista. Realizou arranxos instrumentais, ademais dalgunhas letras, do novo dúo Sete Saias. Recentemente creou un trío musical chamado Lizgairo, xunto a Anxo Pintos e Xosé Liz.

[editar] Vida persoal

Irmán da poeta e xornalista Ana Romaní, vive en Albeida (Outes

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas