Edicións do Dragón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Edicións do Dragón, proxecto editorial galego activo entre os anos 1990 e 1998 e radicado na cidade de Santiago de Compostela que se moveu grazas ao esforzo de, entre outros, Paco Souto, Fran Alonso e Miro Villar.

[editar] Historia

Nacida como unha editorial pequena de tiraxes curtas a súa preocupación pola súa dimensión estética levounos a abordar o formato de carpetas poéticas, feitas dun xeito case artesanal e coa participación de diversos autores plásticos. Ao longo da súa traxectoria publicou cinco volumes colectivos, e dous de autoría individual, ambos de autores debutantes. Cesou as súas actividades en 1998 debido á separación profesional dos seus impulsores.

A súa importancia na poesía dos 90 é capital, por acoller o debut de moitos dos seus autores novos e tamén por sentar as bases do que despois sería Letras de Cal.

[editar] Obras publicadas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas