Radio Nacional de España
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "RNE")
Radio Nacional de España (RNE) é unha sociedade mercantil estatal, financiada na súa totalidade polos Orzamentos Xerais do Estado, que se encarga da xestión directa do servizo público de radiodifusión en España.
Historia e características [editar]
Desde 1973 está integrada no ente público Radiotelevisión Española (RTVE). Desde 2007 pertence á Corporación RTVE, regulada na Lei 17/2006, de 5 de xuño, da radio e a televisión de titularidade estatal.
Na actualidade, Radio Nacional de España está integrada por seis cadeas de radio:
- Radio Nacional (xeneralista).
- Radio Clásica (música clásica e popular).
- Radio 3 (cultura e música alternativa).
- Ràdio 4 (xeneralista en catalán).
- Radio 5Todo Noticias (radiofórmula informativa).
- Radio Exterior de España (servizo público exterior).
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
||||||||