Antón Lopo
Antón Rodríguez López, coñecido como Antón Lopo, nado en Monforte de Lemos o 17 de xaneiro de 1961, é un escritor, xornalista e actor galego.
Índice |
Traxectoria [editar]
Traballou como ferroviario e actor de dobraxe, coordinou Revista das Letras, suplemento cultural de El Correo Gallego.
É creador de vocación interdisciplinar: fundou con Ana Romaní o Laboratorio de Indagacións Poéticas e autor do poemario oral Prestidixitador (2001), unha experiencia singular onde o poeta é o único soporte da obra. Como activista e performer realizou "O lugar", no que mediu Santiago de Compostela co seu corpo e co Festiclown percorreu Chiapas nunha montaxe de apoio ás bases zapatistas.
Como poeta publicou Sucios e desexados (1987), Manual de masoquistas (1990), Á sombra dos rapaces mexando (1995), O libro dos amados (1996), OM (1996), Pronomes (1998); como narrador publicou diversos relatos espallados en publicacións colectivas e as novelas As reliquias (Xerais, 1991), Premio Café De catro a catro, O riso de Isobel Hill (Deputación de Pontevedra, 2000) e Ganga (Xerais, 2001).
No ano 2002 publicou Fálame. Desenvólvese como xornalista de cultura no xornal O Correo Galego, que se transformou no 2003 en Galicia Hoxe.
Tamén participou no libro Xuro que nunca volverei pasar fame (2003), elaborado polas Redes Escarlata, das que forma parte.
Obra [editar]
Poesía [editar]
- Sucios e desexados, 1988, Sotelo Blanco, considerado por parte da crítica contemporánea como precursor dalgunha das liñas da poesía dos 90, en especial da poesía feminina de temática homoerótica[Cómpre referencia].
- Manual de masoquistas, 1990.
- Á sombra dos rapaces mexando, 1995.
- Libro dos amados, 1996, poemario onde predomina o homoerotismo e o emprego dunha linguaxe do cotián, antirretórica.
- OM, 1996, Espiral Maior
- Pronomes, 1998. Voz forte que enuncia a representación hierática dun magma salvaxe: o amor, a morte, o desexo, a desintegración da memoria persoal e colectiva e a labilidade do vivido como fabulación rememorada. O poemario dá cabida, por primeira vez na historia da tradición lírica galega[Cómpre referencia], a un tipo de desexo, o S/M, que entronca ao autor cunha corrente de pensamento próxima á teoría Queer.
- Fálame, 2004, Sociedade de Cultura Valle-Inclán. Poemario áspero e descarnado pero tamén visceral e humano. Trata temas amargos como a dificultade das relacións interpersoais, a incomunicación sexual ou a imposíbel felicidade etc.
Narrativa [editar]
- As reliquias, 1991.
- O riso de Isobel Hill, 2000.
- Ganga, 2001.
- Unha terraza en propiedade.
- Obediencia, 2010, Xerais.
Teatro [editar]
- Os homes só contan ata tres, 2005.
Ensaio [editar]
- Fermín Bouza Brey. Unha fotobiografía, 1992, Xerais.
- Guía de Santiago de Compostela, 1993.
- Mishima, que existiu nunca, 1995.
- As tres mortes de Lorenzo Varela, 2005.
- A distancia do lobo. Biografía de Uxío Novoneyra, 2010.
Traducións [editar]
- A balada do cárcere de Reading de Oscar Wilde, 2003, Laiovento. Con Amalia Salvador.
Obras colectivas [editar]
- Contos eróticos. Eles, 1990, Xerais.
- Chineses, 1996, O Correo Galego.
- A poesía é o grande milagre do mundo / Poetry is the world´s great miracle, 2001, PEN Clube de Galicia.
- Narradio: 56 historias no ar, 2003, Xerais.
- Poetas e Narradores nas súas voces. II, 2006, Consello da Cultura Galega.
- Erato bajo la piel del deseo, 2010, Sial Ediciones.
- Cociñando ao pé da letra, 2011, Galaxia. Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña.
Premios [editar]
- Premio Esquío no 2003, pola obra Fálame.
- Premio Álvaro Cunqueiro no 2004, pola obra Os homes só contan ata tres.
- Premio García Barros no 2010, pola obra Obediencia[1].