Lingua dinamarquesa
| Lingua dinamarquesa | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| dansk | |||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||
|
Estudado por
| |||||||||||
|
Historia
| |||||||||||
|
Composto por
Old Danish (en)
Angel Danish (en) Southern Schleswig Danish (en) Perkerdansk (en) Dano-Norwegian (en) Insular Danish (en) Modern Danish (en) Jutlandic (en) dinamarqués medio dinamarqués oriental | |||||||||||
| Propiedades | |||||||||||
|
Alfabeto
| |||||||||||
|
Institución de normalización
| |||||||||||
|
Caso gramatical
| |||||||||||
|
Modo gramatical
| |||||||||||
|
Xénero gramatical
| |||||||||||
|
Usa maiúsculas para
| |||||||||||
|
Estado de lingua da UNESCO
| |||||||||||
| Clasificación lingüística | |||||||||||
| Xeografía | |||||||||||
|
Orixinario de
| |||||||||||
| Identificadores | |||||||||||
| |||||||||||
| Fontes e ligazóns | |||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||
O dinamarqués[1] ou danés[2] é unha lingua xermánica falada principalmente na Dinamarca, en Groenlandia, nas Illas Feroe e en partes do norte da Alemaña. É tamén unha das linguas oficiais da Unión Europea. É unha lingua escandinava, bastante parecida co noruegués e o sueco — os falantes de dinamarqués, noruegués e sueco compréndense entre eles con certa facilidade.
Historia
[editar | editar a fonte]Os primeiros textos en dinamarqués datan de cerca de 1200 . A fins do século XIV a raíña Margareth I decidiu trocar o latín, que era a lingua administrativa, polo dinamarqués.
O dinamarqués moderno desenvolveuse a partir da lingua escrita durante o período da Reforma protestante, fortemente influenciado nos séculos XVII e XVIII polo dialecto falado polos habitantes de Copenhague, centro cultural, económico e político da nación.
A historia da lingua dinamarquesa divídese en tres períodos:
- Dinamarqués antigo (cerca de 800-1100), que corresponde en gran parte á época Viquinga;
- Dinamarqués medio (cerca de 1100-1525), que corresponde á Idade Media;
- Dinamarqués moderno (a partir de 1525), despois da Reforma ata os días actuais.
De todas as linguas escandinavas, a dinamarquesa é a que se afastou máis das súas raíces comúns escandinavas, sobre todo pola localización xeográfica de Dinamarca que forma unha ponte entre os países nórdicos e a Europa continental.
Dialectos
[editar | editar a fonte]Os dialectos dinamarqueses divídense tradicionalmente en tres amplos grupos:
- Jysk (Xutlandia)
- Omál (dinamarqués insular, falados nas illas Fionia, Selandia, e nas illas menores ao sur)
- Bomholmsk (na illa de Bomholm, ao sur da Suecia).
Unha das características máis distintiva da pronuncia dinamarquesa, o stod ou oclusión glótica, cuxo uso varía dependendo da rexión, ten sido utilizada polos lingüistas para diferenciar as variantes dialectais.
Gramática
[editar | editar a fonte]A orde da oración é suxeito, verbo e obxecto, aínda que, como complemento, verbo e suxeito sexan utilizados para dar énfase.
O dinamarqués moderno posúe dous casos (nominativo e xenitivo) e dous xéneros (masculino e feminino). Unha das súas características peculiares é o seu modo de articulación sonora, que tivo orixe no acento tónico. O acento tónico está sempre na primeira sílaba da palabra raíz.
O dinamarqués posúe dous xéneros: común e neutro. O artigo determinado é -en para substantivos comúns e -et para os neutros, sendo -ene a forma de plural para ambos os xéneros.
A partícula negativa é o adverbio ikke.
Os verbos son transitivos ou intransitivos, tendo voces activa e pasiva e modos indicativo e imperativo con vestixios do subxuntivo.
Vocabulario
[editar | editar a fonte]Algunhas palabras e frases comúns en dinamarqués:
- Ola - hej, goddag, dav(s)
- Adeus - farvel, hej-hej
- Onde está...? - hvor ligger...?
- ... o baño - badeværelset.
- ... o hospital - hospitalet/sygehuset.
- Fala (vostede) galego? - taler De galicisk?
- Grazas! - tak!
- De nada - tak, i lige måde/ingen årsag
- Canto custa? - hvor meget koster det?/hvad koster det?
- Si - ja ou jo
- Non - nej
Os números do un a vinte en dinamarqués son:
en to tre fire fem seks syv otte ni ti elleve tolv tretten fjorten femten seksten sytten atten nitten tyve.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para dinamarqués.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para danés.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Existe unha versión da Wikipedia en Lingua dinamarquesa |
| Vexa no Galizionario as palabras en Danés |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Dicionario Freelang Arquivado 07 de setembro de 2008 en Wayback Machine. - Dicionario danés-español/español-danés.
- Danish 101 Learn Danish online] (en inglés)
Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
