Talín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 59°26′14″N 24°44′43″E / 59.43722°N 24.74528°E / 59.43722; 24.74528

Talín
Tallin (en estoniano)
Flag of Tallinn.svg Tallinn greater coatofarms.png
Tallin collage 33.png
Vistas da cidade
Situación xeográfica
Talín en Estonia
Talín
Talín
País Estonia Estonia
Condado Condado de Harju
Xeografía
Altitude 9 msnm
Superficie 159,2 km²
Poboación
Poboación 428.778 hab. (2013)
Densidade 2.700 hab/km²
Información
Código postal 15199
Alcalde Edgar Savisaar (Partido de Centro)
Páxina web Páxina oficial de Talín

Talín ou Tallinn (antigamente: Reval) é a capital e principal porto de Estonia. A cidade atópase no costa norte de Estonia, no Golfo de Finlandia, a 80km ó sur de Helsinki.

Historia[editar | editar a fonte]

Igrexa Ortodoxa Alexander Nevsky

As primeiras pegadas de ocupación humana da zona atópanse no segundo milenio antes da nosa era. Nos séculos IX e X Talín era un centro comercial importante. En 1219 a vila foi conquistada polas tropas danesas que constrúen unha fortaleza en pedra para defendela. Durante a Idade Media a vila era membro da Hansa, en 1346 pasou á Orde dos Cabaleiros Teutónicos, en 1561 pasou aos suecos e en 1710 aos rusos. Bombardeada durante a Segunda Guerra Mundial.

Poboación[editar | editar a fonte]

A poboación da cidade é de preto de 500.400 habitantes (2000), rexistrados 401,694 (Marzo de 2005).

De acordo co Eurostat, a axencia de estatística da Unión Europea, de tódalas cidades capitais dos países membros da UE, Tallinn ten a maior porcentaxe de nacionais de fóra da UE:o 27.8% da poboación non é cidadá da UE. Isto se debe ó gran número de rusos, que participaran na migración planexada doutras repúblicas da Unión Soviética para Talín e para outras localidades do norte de Estonia. Actualmente, moitos destes emigrantes, así como os seus descendentes, aínda non teñen a cidadanía estoniana. As leis de nacionalidade estonianas tratan de preserva-la identidade nacional, excluíndo moitos cidadáns de orixe rusa da cidadania.

Na cidade a lingua maioritaria é a lingua estoniana, nativa do país (parte do grupo das linguas ugrofinesas) , próxima á lingua finlandesa, xunto co ruso. O inglés e o propio finlandés tamén son bastante comprendidos na cidade.

Evolución da poboación:


Evolución da poboación:

1816: 12.000

1834: 15.300

1851: 24.000

1881: 45.900

1897: 58.800

1925: 119.800

1989: 500.000

2000: 400.400

Cultura e Educación[editar | editar a fonte]

Praza principal de Tallinn

Ademais de Tallinn, a cidade posúe outros nomes históricos como: Koluvan, Lindanise, Lindanisa (Lindanäs), xunto con algunhas variacións de "Reval" — Revalia, Revel e Reveln. A orixe do nome "Tallinn" segue a debaterse, aínda que se sabe que é de orixe estoniana. Algúns pensan que deriva de "Taani-linn" (que significa "Cidade dinamarquesa"), ou de "Talu linn" (que significa "Cidade agrícola").

Tallin é sede da Universidade Tecnolóxica de Tallin, ademais doutras institucións de educación superior, como por exemplo:

  • Universidade Pedagóxica de Tallin
  • Academia Estoniá da Música
  • Academia Estoniá da Arte
  • Academia Estoniá da Defensa do Estado
  • Instituto de Teoloxía da Igrexa Evanxélica Luterana Estoniá

Deportes

Durante os Xogos Olímpicos de 1980 levouse a cabo unha regata en Tallinn. Co gallo dos xogos creáronse moitas construcións para as olimpíadas, como por exemplo o Salón Municipal, o Hotel Olímpico, a Oficina Postal e o Centro de Regatas. Grazas ás olimpíadas, a baía de Tallinn, ata entón moi contaminada, sufriu un gran cambio ó comezarse a depuración das augas fecais e dos refugallos da industria antes verquidos directamente ó Mar Báltico.

Xeografia[editar | editar a fonte]

Vista da costa de Tallinn

Talinn está situada na costa sur do Golfo de Finlandia, no centronorte de Estonia. O principal porto mercante do país atópase en Tallinn (porto de Muuga).

O maior lago de Tallinn é o Lago Ülemiste (9.6 km²), a principal fonte da auga potábel da cidade. O Lago Harku é o segundo maior lago de Tallinn cunha área de 1.6 km². Ó contrario de moitas cidades, o principal río de Tallinn está localizado en Pirita, arrabal da cidade na que as beiras do río están protexidas grazas á súa beleza natural.

O punto máis alto da cidade atópase a 64 metros por enriba do nivel do mar, o cumio está situado no distrito de Nõmme, no suroeste da cidade.

A cidade de Tallinn posúe unha costa de 46 quilómetros, constituída por tres grandes penínsulas: a península de Kopli, a península de Paljassaare e a península de Kakumäe.

Transportes[editar | editar a fonte]

Imaxe do aeroporto de Tallinn
Imaxe dun dos tranvías de Tallinn

Aéreo[editar | editar a fonte]

Talín posúe un aeroporto, situado aproximadamente a 4 km nos arrabaldes da cidade. Ademais de conexións regulares a varios aeroportos de Europa, ten un servizo de helicóptero a Helsinki, que é coñecido como a conexión máis rápida existente entre dúas cidades capitais.

Terrestre[editar | editar a fonte]

A cidade ten conexións ferroviarias a varias cidades, como Tartu, Pärnu, Narva, Riga, Moscova, e San Petersburgo. Tamén existen autobuses cara estes destinos e oitras partes do país.

Talín está conectada a Polonia pola estrada coñecida como "Vía Báltica", que percorre Estonia, Letonia, Lituania e Polonia.

Ferry[editar | editar a fonte]

Varios ferrys conectan a Talín con Helsinki (Finlandia), Estocolmo (Suecia), Åland (Finlandia), San Petersburgo (Rusia) e Rostock (Alemaña).

Talín é un importante centro de compra para os finlandeses, quenes atravesan o Golfo de Finlandia con ferrys de alta velocidade. Os prezos das bebidas alcólicas en Estonia son moito máis baixos que en Finlandia, que grava con impostos altísimos as bebidas alcólicas. Debido a iso, moitos finlandeses fan viaxes dun día para comprar bebidas e produtos de saúde que non son cubertos polos servizos sociais finlandeses (como por exemplo, os lentes).

Cidades irmás[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Alemaña Essen
Hungría Pécs
Flag of Turkey.svg Estambul
EU Insignia.svg
Capital Europea da cultura
xunto con Finlandia Turku

2011
Sucesor:
Flag of Portugal.svg Guimarães
Flag of Slovenia.svg Maribor

Notas[editar | editar a fonte]


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Talín

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]