Condado de Gotland

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Gotland
Gotlands län
Gotland vapen.svg
Escudo
Capital Visby
Poboación 58.003 habitantes
Censo 1990
Área 3.151 km²
Densidade 18,2 hab./km²
Mapa
Sweden Gotland location map modified.svg
Illa de Gotland
Gutnish
SverigesLän2007Gotland.svg
Localización da illa
Topographic map of Gotland.svg
Mapa da illa
Situación
País Suecia Suecia
Arquipélago Arquipélago Slite
Mar Mar Báltico
Coordenadas 57°30′N 18°33′L / 57.500, -18.550Coordenadas: 57°30′N 18°33′L / 57.500, -18.550
Xeografía
Xeoloxía Illa continental
Superficie 2.994 km²
Longura máxima 176 km.
Largura máxima 52 km.
Punto máis alto 82 m. Lojsta hed
Distancia a terra 90 km.
Demografía
Capital Visby (pob. 23,600)
Poboación 58.003 (31-12-2016)
Densidade 18´2 hab./km²

O condado de Gotland (Sueco: Gotlands län) é a maior illa de Suecia e do mar Báltico. A illa está situada ó leste de Suecia e ó norte de Polonia. É tamén un condado de Suecia. A súa capital e maior cidade é Visby, que ten o redor de 23 600 habitantes. Visby é unha antiga cidade hanseática fundada no século X, ornada de muros e edificios practicamente intactos.

A principal fonte de ingresos da illa é o agro, xunto co procesamento de alimentos, o turismo, servizos de tecnoloxía da información o deseño e algunhas industrias pesadas como a fabricación de cemento a partir de pedra calcaria extraída localmente.[1] Dende un punto de vista militar, a illa ocupa unha posición estratéxica no mar Báltico.

Historia[editar | editar a fonte]

Xunto con outras illas menores (Fårö, Karlsöärna e Gotska Sandön) constituían a provincia de Gotland, que comprendía a comarca sueca homónima. Aínda que o término Gotland utilízase nos nosos días, historicamente coñécese en castelán como Gocia.[2] Os Irmáns das vituallas ocuparon a illa en 1394 e estableceron o seu cuartel xeral en Visby. A illa integra a tradicional rexión de orixe dos Godos, "Götaland".

En 1969 rodouse nunha das súas casas a internacionalmente famosa serie infantil de televisión Pippi Mediaslongas.

Administración[editar | editar a fonte]

As provincias tradicionais de Suecia xa non teñen propósitos administrativos ou políticos no presente, pero son entidades históricas e culturais. Porén, no caso de Gotland, debido á súa posición insular, tanto o condado administrativo (län), Condado de Gotland, como o municipio (kommun), Municipio de Gotland, cobren o mesmo territorio que a provincia. Ademais, a diocese de Visby tamén coincide coa provincia.[3][4][5]

Tradicionalmente Gotland estivo dividida en 92 sockens (unidade cun carácter semellante ao dunha parroquia).[6] O 1 de xaneiro de 2016 todos os sockens foron reconstituídos en distritos, áreas administrativas cos mesmos límites que as antigas unidades.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lansstyrelsen (ed.). "Fakta om Gotland". Consultado o 3 de abril de 2018. 
  2. "Diccionario de la Real Academia Española de la Lengua". Consultado o 17 de febreiro de 2010. . 
  3. Region Gotland (ed.). "Páxina do municipio de Gotland". Consultado o 3 de abril de 2018. 
  4. Lansstyrelsen (ed.). "Gotlands län". Consultado o 3 de abril de 2018. 
  5. Svenska Kyrkan (ed.). "Visby stift". Consultado o 3 de abril de 2018. 
  6. Region Gotland (ed.). "Gotland i siffror". Consultado o 3 de abril de 2018. 
  7. Finansdepartementet (ed.). "Förordning om distrikt" (PDF). Consultado o 3 de abril de 2018. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]